sábado, 13 de maio de 2023

VERSOS POEMAS DE EDUARDO PONDAL

VERSOS EDUARDO PONDAL

Cando te vexo

os camiños dos ventos

ela vence o desterro

cos sopros do vento

levántase as montañas

que aínda acaba

nin de velar a carne vil comprada

Atrás non miredes

non ver. Ela é clemente.

Arrastran no seu camiño

darche un biquiño

Os esquivos vendavales

as cordas dos combates

Chegarán os tempos

con cuspe do inferno.

Novas esperanzas morren

que sabe el do seu nome.


martes, 2 de maio de 2023

O GATO- Día das letras galegas 2023

Queres saber a historia do gato? 
Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Que tal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como fixeron co gato.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.(BIS)


Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista 
na praia da Castiñeira

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.(BIS)

BIOGRAFÍA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO (PACO)

DIA DAS LETRAS GALEGAS