sábado, 13 de abril de 2024

AS PALABRAS PRIMITIVAS E DERIVADAS





























Os prefixos  in- e des- empréganse para formar palabras de significados contrarios..

Cómo formar palabras contrarias?
Exemplos:
capaz- incapaz
necesario- innecesario
coser- descoser
facer- desfacer

domingo, 7 de abril de 2024

OS PREFIXOS E OS SUFIXOS


 

OS ADVERBIOS

PALABRAS CON X e o seu son


Escríbense con espalabras como: estender, espremedor, escoller, estupendo, esvarar, escaiola, escaravello, estraña, estanque, espectacular, estraños, espello, escavadora, esquiador, esquís, estreito, esquerda, escusa, estalo, escultura, estatua, etc.

Escríbense con ex- palabras como: excelente, expoñer, extremidade, excluír, excursión, explorador, extraordinaria, extremo, extenso, extraterrestre, extintor, excursionista, etc.

Escríbense con s: sente, misto, liso, rosa, raso, susto, esperto.
Sente: do verbo sentir. Percibe sensacións por medio dos sentidos. Padece un dor ou dano físico. Laméntase ou sinte mágoa por algo.
Misto: Fósforo para acender o lume.
Liso: Dise dunha superficie toda igual e suave ó tacto. Dise do cabelo que non ten rizos.
Rosa: Flor da roseira. Cor vermella pálida.
Raso: Plano, liso. A rentes, a pouca altura do chan.
Susto: Impresión de espanto ou medo; sobresalto.
Esperto: Deixo de durmir.

Escríbense con x: xente, mixto, lixo, roxa, raxo, xusto, experto.
Xente: Grupo de persoas en número indeterminado. Nación, pobo.
Mixto: Mesturado. Composto de varios elementos.
Lixo: Partícula pequena de sucidade. Conxunto de materias sucias ou de cousas que non serven e se tiran.
Roxa: De cor entre amarela  e castaña. Peixe, patarroxa.
Raxo: Tentáculos do polbo. Tira de carne situada ao longo do lombo do porco. Ubre.
Xusto: Que obra con xustiza. Asustado, exacto
Experto: Que ten unha grande experiencia; hábil, experimentado. Especialista, técnico.

martes, 2 de abril de 2024

VOCABULARIO TEMA 9

VOCABULARIO TEMA-9

Bancada: Fileira de bancos.
Disputa: Contenda. Acción de disputar: Enfrontarse para defender ou conseguir algo.
Alentador: estimulante, animado.
Estratexia: Accións coordinadas para conseguir un obxectivo.
Esvaecer: Diminuír a intensidade de algo.
Deprimir: Abater, quitar a un os ánimos ou a ledicia.
Xeonllos: Parte externa da articulación do fémur coa tibia.
Frustrante: Que provoca frustración.
Desatinos: Falta de acerto,tento ou bo xuízo.
Incrédulo: Que non cre o que outros lle din ou que lle custa crer o evidente.
Pioneira: persoa que da os primeiros pasos nunha actividade humana.