mércores, 16 de outubro de 2024
sábado, 12 de outubro de 2024
venres, 11 de outubro de 2024
xoves, 10 de outubro de 2024
OS SUBSTANTIVOS ou NOMES- TIPOS E XÉNERO E NÚMERO
Os substantivos individuais se se refiren a un elemento, estando en singular. Ex: soldado, árbore, xogador, etc.
Os substantivos colectivos se se refiren a un conxunto de elementos, estando en singular. Ex: exército, bosque, equipo, etc.
Os substantivos concretos nomean seres ou obxectos que se poden percibir cos sentidos. Ex: enfermeiro, termómetro.
xoves, 3 de outubro de 2024
DESCRIBIR LUGARES
Exemplo: Desde a xanela vemos unha paisaxe e campo dunha vila galega. No primeiro plano hai uns campos verdes con cultivos. Logo vexe un anaco de mar e unha vila cunha fermosa praia. Ao fondo divisamos unhas montañas altas e cheas de vexetación. Transmite unha sensación de tranquilidade e alegría porque o ceo está azul e parece primavera.
mércores, 2 de outubro de 2024
DESCRIBIR OBXECTOS
EXEMPLO: Este obxecto é un viravento. Ten
un tamaño mediano e pode collerse coa man. Está formado por un pau
e unha serie de láminas de cores enganchadas todas xuntas a un centro. Están
dobradas para que o vento as empurre como pequenas velas. Serve para xogar
e é un obxecto bonito e divertido.
domingo, 29 de setembro de 2024
DESCRIBIR UNHA PERSOA
Exemplo:
Nerea é unha meniña alta para a súa idade. Ten un cabelo escuro e
rizado moi vistoso. A pel é morena e ten uns fermosos ollos escuros.
Nerea é unha rapaza tranquila é intelixente. Gústalle moito
ler e escribir contos.
VOCABULARIO TEMA -2
Faciana: face, cara, rostro.
Amosar: mostrar.
Corveta: Barco lixeiro de guerra de tres mastros máis pequeno co acoirazado..
Mastros: pau vertical, xeralmente de madeira, onde se sustentan as velas dunha embarcación.
Áncora: Instrumento de ferro que se bota ao fondo do mar e serve para inmobilizar a embarcación.
Pústulas: Inflamación da pel, chea de pus.
Pus: Líquido espeso amarelo formado por leucocitos que deitan os tecidos inflamados, as feridas, etc.
xoves, 7 de outubro de 2021
PEDIR PERMISO
Por favor, gustaríame...
Sería posible...?
Querería...
Ola, podo...?
Cando remates de pedir algo non te olvides de dicir:
Moitas grazas
ESCRIBIR NORMAS
Permítese/ non se permite
Está prohibido/ É obrigatorio
Non se pode / Pódese
Non se debe / Débese















