domingo, 23 de outubro de 2022

ASÍ CELEBRO O SAMAÍN

 Xa chegou o Samaín,
Como o celebras ti?.
 
Eu facendo cabazas
que decoro na miña casa.
Logo as traio a exposición
e todos as miran con emoción.

Obradoiros de galletas
faremos no colexio
que animarán a festa.

Cando chegue pola noite,
de porta en porta irei,
e ao abrirme,
"truco ou trato" direi,
senón lambetadas
non levarei.

De volta para a casa
topamos cun fantasma                   17 
que nos quere asustar
e os doces roubar.

Que medo, que medo!
saímos correndo
co noso botín
o máis lonxe de alí.

Nalgunhas casas
déronnos castañas asadas,
en lugar de lambetadas.

Con todo o conseguido
a nosa festa vamos celebrar.
A música empeza a soar
e todos nos poñemos a cantar.
Os nosos pés
empézanse a mover,
que no Samaín
a festa parece que non ter fin.

 

venres, 14 de outubro de 2022

GUIÓN T.1 Y T.2

 GUIÓN GALEGO T.1 e T.2

1.         Vocabulario da saúde T.1 e vocabulario T.2 . Ver blog galego

2.         Que é un conto? Partes do conto. pag 12,13

3.         Que é o abecedario? Coñecer, seguindo a orde alfabética, as letras que forman o abecedario e os seus seis dígrafos. Saber ordenar alfabeticamente un grupo de palabras. pax 14.

4.         Que é un dicionario e as súas partes? Saber buscar no dicionario unha palabra. pax 15

5.         Que é unha palabra? Que é a sílaba? Saber separar palabras en sílabas. Tipos de palabras segundo o número de sílabas.pax 16,17

6.         Que é a sílaba tónica? Saber recoñecela nunha palabra, para indicar se é aguda, grave, esdrúxula ou sobresdrúxula.

Coñecer as diferentes formas de separar unha palabra ao final de liña. pax 20,21, ver blog.

Saber como separar cun guión, as palabras ao final de liña, de todas as formas posibles. pax 18,19

7.         Que é o punto?Tipos de punto: recoñecelos e saber usalos. Distinguir as oracións e os parágrafos dun texto. Pax 20

8.         Para que serven as maiúsculas? Saber en que casos as usamos. pax 21.

9.         Identificamos as partes dunha tarxeta sanitaria. Ver blog.

10.     Que é describir? Saber describir unha persoa, paisaxe ou obxecto, seguindo as preguntas clave. pax 28,29.

11.     Que son os substantivos ou nomes? Tipos de nomes. Identificalos nun texto e saber indicar de que tipo de nome son. pax 30,31

12.     Que son os adxectivos? Identificalos nun texto e saber a que nome se refiren. pax 32

13.     Que son os xentilicios? Coñecer os xentilicios de Cangas, Moaña, Bueu, , Vigo, Pontevedra, Coruña, Lugo, Ourense, pax 33

14.     Uso da coma e dos puntos suspensivos. pax 34

15.     Norma ortográfica e o seu uso das palabras con mp e mb. pax 35

16.     Lectura e comprensión dun texto.

17.     Ditado coas normas estudadas.

18.     Repasar os exercicios feitos na clase: orais, escritos ou en Classroom.