domingo, 14 de marzo de 2021

NARRAR UN SUCESO


 








Locutora: Bos días, Xurxo. Efectivamente, ás seis da tarde tívose que evacuar os asistentes da exhibición de ximnasia a causa da inundación. Rebentou un cano en mal estado.

Locutor: Temos aquí unha das nenas que estaba no polideportivo nese momento. Disnos o teu nome?

Nena: Ola, chámome Clara.  

Locutor: Clara, explícanos que pasou.

Nena: Pois estabamos facendo a exhibición cando notamos que había auga no chan. Fixéronnos saír rapidamente.

Locutora: Os efectivos de seguridade actuaron con eficacia e todo o polideportivo foi evacuado.

Locutor: Alegrámonos de que todo acabase ben. Grazas, Sabela, grazas, Clara.


mércores, 15 de abril de 2020

luns, 30 de marzo de 2020

DITADO GALEGO LUNS 30 MARZO

Podes pausalo e volver a escoitalo todas as veces que queiras.
O rematar fáille unha foto e envíao ao correo antes das 10:30 h.

luns, 9 de setembro de 2019

NA BEIRA DO MAR



NA BEIRA DO MAR
Ollos verdes son traidores, 
Ollos verdes son traidores,
os azuis son mentireiros,
os negros e acastañados
son firmes e verdadeiros.
Os negros e acastañados
son firmes e verdadeiros.

Na beira, na beira, na beira do mar
había unha barquiña para ir a navegar.
para ir a navegar, para ir a navegar
Na beira, na beira, na beira do mar.

Cinco sentidos nós temos,
Cinco sentidos nós temos, 
os cinco necesitamos
pero os cinco perdemos
cando nos namoramos.
pero os cinco perdemos
cando nos namoramos.

Na beira, na beira, na beira do mar
había unha barquiña para ir a navegar.
para ir a navegar, para ir a navegar
Na beira, na beira, na beira do mar.

Non sei que terán os mares
Non sei que terán os mares, 
miro sen ver o que vexo,
pero a pesar de non verte
sei moi ben como te quero.
pero a pesar de non verte
sei moi ben como te quero.

Na beira, na beira, na beira do mar
había unha barquiña para ir a navegar.
para ir a navegar, para ir a navegar
Na beira, na beira, na beira do mar.

Hoxe cruzáchelo río
Hoxe cruzáchelo río, 
cuns zoquiños de madeira,
ías tan remangadiña
ó pasar pola ribeira
ías tan remangadiña
ó pasar pola ribeira.

Na beira, na beira, na beira do mar
había unha barquiña para ir a navegar.
para ir a navegar, para ir a navegar
Na beira, na beira, na beira do mar.

Non veño para cantarche
non veño para cantarche, 
aínda que esteas esperando,
que a túa cadela e a miña
por cantar están chorando.
que a túa cadela e a miña
por cantar están chorando.

Na beira, na beira, na beira do mar
había unha barquiña para ir a navegar.
para ir a navegar, para ir a navegar
Na beira, na beira, na beira do mar.

Información recollida da publicación de "Río Gillón" no seguinte enlace
https://www.youtube.com/watch?v=QOoV-MQ3eRE

domingo, 17 de marzo de 2019

ACTIVIDADES REPASO T.9 e T.10

Guión Galego T.9 e T.10
1.      Vocabulario pax 167,168,183,184
2.      Que son as instrucións? Saber explicar as instrucións para facer algo. pag 174
3.      Que son palabras derivadas? Cales son os prefixos utilizados para facer palabras contrarias?.Saber usar os prefixos para formar palabras derivadas contrarias a outras pagx175.
4.      Que son os verbos? Indicar cal é o infinitivo dun verbo. Indicar a persoa e número dunha forma verbal. pax 176,177
5.      Normas ortográficas da h e da nh pax 178,179. Contraccións das preposicións: con, de ,en ; cos artigos un, unha, uns, unhas. pax 179(4)
6.      Saber facer unha solicitude. Que debe aparecer nunha solicitude ben feita. pax 190.
7.      Que son os sufixos? Coñecer os sufixos -dor, -dora, -ista, -eiro, -eira y -aría para formar palabras derivadas. pax191
8.      Cales son os tempos dun verbo? Saber en que tempo se atopa ou  usar a forma verbal adecuada dependendo do momento no que se está producindo a acción. pax 192
9.      Norma ortográfica das palabras con mp e mb pax 194,195
10.  Repasar os exercicios feitos na clase.
Tema 9 e Tema 10 Repaso, Refuerzo Ampliación Despraza a barra da dereita para ver todo ou PULSA AQUÍ PARA DESCARGAR