venres, 8 de outubro de 2021

A PALABRA E A ORACIÓN









Exemplos:

Unha palabra: colexio= c-o-l-e-x-i-o (conxunto de letras).

Unha oración: Os nenos aprenden cousas no colexio.
                                             V

xoves, 7 de outubro de 2021

PEDIR PERMISO

Recorda que para pedir permiso para facer algo deberías usar estas expresións:

Por favor, gustaríame...

Sería posible...?

Querería...

Ola, podo...?

Cando remates de pedir algo non te olvides de dicir:

Moitas grazas

ESCRIBIR NORMAS

Non te esquezas que para redactar as normas podes utilizar estas expresións:

Permítese/ non se permite

Está prohibido/ É obrigatorio

Non se pode / Pódese

Non se debe / Débese

martes, 5 de outubro de 2021

NORMAS






Cando tes que escribir unha norma podes utilizar as seguintes palabras para indicar:

O que podes  ou o que non podes facer.

domingo, 26 de setembro de 2021

EXPRESAR DESEXOS

ESTAS SON AS PALABRAS QUE PODEMOS USAR PARA EXPRESAR DESEXOS
O meu desexo é...
Gustaríame ...
Como che gustaría que...?
Se fose posible...
Sería estupendo que...
Eu querería ...
Oxalá ...





















domingo, 11 de abril de 2021

CONTRACCIÓNS DA PREPOSICIÓN POR COS ARTIGOS


OS ARTIGOS AO XUNTAREN CON CERTAS PREPOSICIÓNS, FORMAN CONTRACCIÓNS


+
O
a
os
as
POR
Polo
pola
polos
polas

domingo, 14 de marzo de 2021

NARRAR UN SUCESO


 








Locutora: Bos días, Xurxo. Efectivamente, ás seis da tarde tívose que evacuar os asistentes da exhibición de ximnasia a causa da inundación. Rebentou un cano en mal estado.

Locutor: Temos aquí unha das nenas que estaba no polideportivo nese momento. Disnos o teu nome?

Nena: Ola, chámome Clara.  

Locutor: Clara, explícanos que pasou.

Nena: Pois estabamos facendo a exhibición cando notamos que había auga no chan. Fixéronnos saír rapidamente.

Locutora: Os efectivos de seguridade actuaron con eficacia e todo o polideportivo foi evacuado.

Locutor: Alegrámonos de que todo acabase ben. Grazas, Sabela, grazas, Clara.