venres, 29 de abril de 2016

TERRA CHÁ "O galo"- Manuel María

Espertas as estrelas
co teu quiquiriquí.

Tes plumas amarelas
coas que presumes ti.

Es un grande señor,
orgulloso, sen diñeiro!

Meu galo galeador!
Fachenda do galiñeiro!