martes, 1 de febreiro de 2022

PALABRAS CON X E S

Escríbense con es- palabras como: estender, espremedor, escoller, estupendo, esvarar, escaiola, escaravello, estraña, estanque, espectacular, estraños, espello, escavadora, esquiador, esquís, estreito, esquerda, escusa, estalo, escultura, estatua, etc.

Escríbense con ex- palabras como: excelente, expoñer, extremidade, excluír, excursión, explorador, extraordinaria, extremo, extenso, extraterrestre, extintor, excursionista, etc.

Escríbense con s: sente, misto, liso, rosa, raso, susto, esperto.
Sente: do verbo sentir. Percibe sensacións por medio dos sentidos. Padece un dor ou dano físico. Laméntase ou sinte mágoa por algo.
Misto: Fósforo para acender o lume.
Liso: Dise dunha superficie toda igual e suave ó tacto. Dise do cabelo que non ten rizos.
Rosa: Flor da roseira. Cor vermella pálida.
Raso: Plano, liso. A rentes, a pouca altura do chan.
Susto: Impresión de espanto ou medo; sobresalto.
Esperto: Deixo de durmir.

Escríbense con x: xente, mixto, lixo, roxa, raxo, xusto, experto.
Xente: Grupo de persoas en número indeterminado. Nación, pobo.
Mixto: Mesturado. Composto de varios elementos.
Lixo: Partícula pequena de sucidade. Conxunto de materias sucias ou de cousas que non serven e se tiran.
Roxa: De cor entre amarela  e castaña. Peixe, patarroxa.
Raxo: Tentáculos do polbo. Tira de carne situada ao longo do lombo do porco. Ubre.
Xusto: Que obra con xustiza. Asustado, exacto
Experto: Que ten unha grande experiencia; hábil, experimentado. Especialista, técnico.