domingo, 10 de xuño de 2018

FICHA DE ACTIVIDADES DE REFORZO PARA O VERÁN



LINGUA GALEGA

q  Traballade a ortografía: facer ditados coas normas ortográficas traballadas este ano (consulta o blog de galego). Facer varios exercicios onde teñas que diferenciar palabras agudas, graves, esdrúxulas e sobresdrúxulas. Subliñando a súa sílaba tónica e explicando por que levan ou non til.
q  Traballade a comprensión lectora: Lede lecturas en galego e saber contestar a preguntas que me fagan delas. Ler libros en galego e saber facer resumos das lecturas.
q  Traballade a Expresión escrita: Elabora: un conto, un poema. Redacta unha noticia de algo que aconteceu. Fai unha carta aos teus amigos para contarlles o que estás facendo. Describe lugares que visites, persoas, animais ou obxectos que te atopes. Fai un cómic. Fai o resumo de lecturas que liches.
q  Buscade no dicionario distintas palabras que aparezan  nas lecturas dun libro e saber facer frases con elas.
q  Facer exercicios onde teñas que diferenciar: nomes, adxectivos, determinantes, pronomes, verbos e saber analizalos (xénero, número, persoa, tempo, etc). Separar o suxeito do predicado nunha oración.
q  Non te esquezas de consultar os apuntes de galego para facer un bo traballo.


Ademais do Recoméndase  consultar ou facer  no verán as actividades de reforzo propostas no BLOG da clase.