domingo, 26 de decembro de 2021

FALAR CON RESPECTO

En moitas ocasións necesitamos pedir cousas aos demais. 

Sempre o debemos facer con respecto. Fíxate que palabras poderías usar:

xoves, 25 de novembro de 2021

GUIÓN T.5 E T.6

      GUIÓN T.5 e T.6  Galego

1.      Vocabulario T.5 e T.6 pax 88,104

2.      Que debemos explicar para describir unha persoa e saber facer a súa descrición. pax 94.

3.      Que son os antónimos? Saber substituír unha palabra pola súa antónima. pax 95

4.      Que son os adxectivos? Recoñecelos nun texto, saber a que substantivo se refiren e indicar o seu xénero e número. pax 96,97

5.      Norma ortográfica das palabras con r e rr, pax 98,99

6.      Saber realizar unha conversa onde pedimos algo con respecto pax 108,109

7.      Como se describe un obxecto e saber describilo pax 110.

8.      Quen forma un campo semántico? Saber diferenciar as palabras que forman parte dun campo semántico pax 111

9.      Que son os determinantes demostrativos? Recoñecelos, que distancia indican e saber as súas formas, o seu xénero e número. pax 112, 113.

10.  Norma ortográfica das palabras con g, gu e gü. pax 114,115.

11.  Ditado coas normas estudadas ata agora.

12.  Repasar os exercicios feitos na clase.


sábado, 13 de novembro de 2021

ESCRIBIR UNHA OPINIÓN - A RECENSIÓN











AS PARTES DUNHA RECENSIÓN SON:
- Tema.
- Valoración
- Explicación da valoración.

Cando escribimos una recensión debemos poñer en primeiro lugar o tema do que vamos a falar (nome da película ou do libro), seguida da nosa valoración personal ( se me gustou ou non) e por último explico esa valoración, é dicir, que fixo na película que me encantara ou todo o contrario.

Podes utilizar as seguintes expresións:

venres, 8 de outubro de 2021

A PALABRA E A ORACIÓN









Exemplos:

Unha palabra: colexio= c-o-l-e-x-i-o (conxunto de letras).

Unha oración: Os nenos aprenden cousas no colexio.
                                             V

xoves, 7 de outubro de 2021

PEDIR PERMISO

Recorda que para pedir permiso para facer algo deberías usar estas expresións:

Por favor, gustaríame...

Sería posible...?

Querería...

Ola, podo...?

Cando remates de pedir algo non te olvides de dicir:

Moitas grazas

ESCRIBIR NORMAS

Non te esquezas que para redactar as normas podes utilizar estas expresións:

Permítese/ non se permite

Está prohibido/ É obrigatorio

Non se pode / Pódese

Non se debe / Débese

martes, 5 de outubro de 2021

NORMAS






Cando tes que escribir unha norma podes utilizar as seguintes palabras para indicar:

O que podes  ou o que non podes facer.

domingo, 26 de setembro de 2021

EXPRESAR DESEXOS

ESTAS SON AS PALABRAS QUE PODEMOS USAR PARA EXPRESAR DESEXOS
O meu desexo é...
Gustaríame ...
Como che gustaría que...?
Se fose posible...
Sería estupendo que...
Eu querería ...
Oxalá ...





















domingo, 11 de abril de 2021

CONTRACCIÓNS DA PREPOSICIÓN POR COS ARTIGOS


OS ARTIGOS AO XUNTAREN CON CERTAS PREPOSICIÓNS, FORMAN CONTRACCIÓNS


+
O
a
os
as
POR
Polo
pola
polos
polas

domingo, 14 de marzo de 2021

NARRAR UN SUCESO


 








Locutora: Bos días, Xurxo. Efectivamente, ás seis da tarde tívose que evacuar os asistentes da exhibición de ximnasia a causa da inundación. Rebentou un cano en mal estado.

Locutor: Temos aquí unha das nenas que estaba no polideportivo nese momento. Disnos o teu nome?

Nena: Ola, chámome Clara.  

Locutor: Clara, explícanos que pasou.

Nena: Pois estabamos facendo a exhibición cando notamos que había auga no chan. Fixéronnos saír rapidamente.

Locutora: Os efectivos de seguridade actuaron con eficacia e todo o polideportivo foi evacuado.

Locutor: Alegrámonos de que todo acabase ben. Grazas, Sabela, grazas, Clara.