mércores, 29 de abril de 2015

OS MEUS AMORES

OS MARIÑEIROS Popular 
Ai veñen os mariñeiros [BIS CORO]
cantando nas súas dorniñas, [BIS CORO]
veñen de moi lonxe todos de pescar moitas sardiñas, ai… 
Os meus amores, ai… Os meus amores.
Non quero que saias máis de noite para ir pescar
que pode arreciar o vento a piques de naufragar. 
Cala, cala miña meiga, témonos que aproveitar,
xa sabes que non hai sempre boa colleita no mar. 
Co diñeiro que ti gañes [BIS CORO]
adornarei a casiña [BIS CORO] 
e poderás recoller-e os enseres e a dorniña, ai… 
Os meus amores, ai… Os meus amores. 
Retrouso Voga, voga compañeiro [BIS CORO]
que che hei de ir a esperar-e [BIS CORO] 
para recollerche a pesca 94 e levala a subastar-e, ai…
Os meus amores, ai… Os meus amores. Retrouso