venres, 25 de febreiro de 2022

GUIÓN T.9 e T.10

GUIÓN GALEGO T.9 e T.10
1.     Vocabulario pax 168,184.
2.     Que son as instrucións? Saber explicar as instrucións para facer algo. pax 174
3.     Que son palabras derivadas? Cales son os prefixos utilizados para facer palabras contrarias? A partir dunha palabra primitiva, saber usar os prefixos para formar a palabras derivadas contrarias a ela pax175.
4.     Que son os verbos? Localizar a forma verbal nunha oración e indicar cal é o seu infinitivo, a persoa e número  pax 176,177
5.     Normas ortográficas da h e da nh pax 178,179. Diferenciar: Hai do verbo haber e Aí sen h que indica lugar. Contraccións das preposicións: con, de ,en ; cos artigos un, unha, uns, unhas. pax 179(5)
6.     Saber facer unha solicitude. Que debe aparecer nunha solicitude ben feita. pax 190.
7.     Que son os sufixos? Coñecer os sufixos -dor, -dora, -ista, -eiro, -eira y -aría para formar palabras derivadas. pax191
8.     Cales son os tempos dun verbo? Saber en que tempo se atopa ou  usar a forma verbal adecuada dependendo do momento no que se está producindo a acción. pax 192
9.     Que son verbos regulares ou irregulares? Identificalos observando se conservan a mesma raíz do infinitivo pax 193.
10.           Norma ortográfica das palabras con mp e mb pax 194,195
11.           Repasade os exercicios feitos na clase.

martes, 1 de febreiro de 2022

PALABRAS CON X E S

Escríbense con es- palabras como: estender, espremedor, escoller, estupendo, esvarar, escaiola, escaravello, estraña, estanque, espectacular, estraños, espello, escavadora, esquiador, esquís, estreito, esquerda, escusa, estalo, escultura, estatua, etc.

Escríbense con ex- palabras como: excelente, expoñer, extremidade, excluír, excursión, explorador, extraordinaria, extremo, extenso, extraterrestre, extintor, excursionista, etc.

Escríbense con s: sente, misto, liso, rosa, raso, susto, esperto.
Sente: do verbo sentir. Percibe sensacións por medio dos sentidos. Padece un dor ou dano físico. Laméntase ou sinte mágoa por algo.
Misto: Fósforo para acender o lume.
Liso: Dise dunha superficie toda igual e suave ó tacto. Dise do cabelo que non ten rizos.
Rosa: Flor da roseira. Cor vermella pálida.
Raso: Plano, liso. A rentes, a pouca altura do chan.
Susto: Impresión de espanto ou medo; sobresalto.
Esperto: Deixo de durmir.

Escríbense con x: xente, mixto, lixo, roxa, raxo, xusto, experto.
Xente: Grupo de persoas en número indeterminado. Nación, pobo.
Mixto: Mesturado. Composto de varios elementos.
Lixo: Partícula pequena de sucidade. Conxunto de materias sucias ou de cousas que non serven e se tiran.
Roxa: De cor entre amarela  e castaña. Peixe, patarroxa.
Raxo: Tentáculos do polbo. Tira de carne situada ao longo do lombo do porco. Ubre.
Xusto: Que obra con xustiza. Asustado, exacto
Experto: Que ten unha grande experiencia; hábil, experimentado. Especialista, técnico.