xoves, 12 de maio de 2022

POUSA E POUSA

 Letras

Pousa, Pousa (A Roda)
Fun a taberna de meu compadre
Fun polo vento e vin polo aire,
(Bis)
E como cousa de encantamento
Fun polo aire e vin polo vento.
(Bis)
Retrouso
E pousa, pousa, pousa
E non me toques naquela cousa,
E pousa, pousa axiña
E non me toques naquela cousiña.

(Bis)
Murmuraban as miñas veciñas
Que eu andaba co crego nas viñas,
(Bis)
Iso e verdade eu non o nego
Que eu andiven a loitas co crego.
(Bis)
Retrouso (Bis)
E pousa, pousa, pousa
E non me toques naquela cousa,
E pousa, pousa axiña
E non me toques naquela cousiña.
Cando me case xa teño un galo
Xa miña nai non mo ten que dalo,
(Bis)
Cando me case xa teño un polo
Xa miña nai non me ten que dar todo.
(Bis)
Retrouso (Bis)
E pousa, pousa, pousa
E non me toques naquela cousa,
E pousa, pousa axiña
E non me toques naquela cousiña.