luns, 4 de decembro de 2023
mércores, 25 de outubro de 2023
martes, 24 de outubro de 2023
luns, 23 de outubro de 2023
domingo, 22 de outubro de 2023
venres, 20 de outubro de 2023
xoves, 19 de outubro de 2023
domingo, 6 de agosto de 2023
VOCABULARIO TEMA 5 E TEMA 6
VOCABULARIO TEMA-5
Trasgos: Trasno. Ser fantástico nocturno que adoita facer estragos e enredar sen
producir dano grave. Rapaz argalleiro, inquieto.
Provisións: Reservas de alimentos ou outras cousas
necesarias; depósito, almacenamento.
Cacique: Persoa que exerce de maneira absoluta o poder real nun pobo ou territorio.
Vaidoso: Persoa que ten unha estima esaxerada de si mesmo.
Mosquetón: Arma de fogo parecida ao fusil pero máis curta.
Sufocar: Extinguir, apagar.
Fouciños: instrumentos de labranza de folla grosa e forte co mango máis longo ca o
da fouciña, que se utiliza para rozar
Agocho: Escondite.
Argucias: artimaña, estrataxema. Medio hábil que se utiliza para conseguir algo.
Pendurar: Colgar.
VOCABULARIO TEMA-6
Bandoleira: 1.Persoa que se dedica a roubar polos camiños. 2.Correa que vai desde o ombreiro á cintura e serve para colgar cousas nela.
Arrabear: Rabiar. Sentir rabia, ira.
Aguerrida: Que está sempre disposta a loitar por aquilo que
merece ser defendido.Que non teme a adversidade.
Convidar: Invitar.
Barallar: Resolver, remexer. Mesturar as cartas.
Alcume: Nome que se lle dá coloquialmente a unha persoa en lugar do seu propio. Mal
nome, alias, sobrenome.
Rexeitar: Non aceptar, desaprobar. Desprezar,apartar.
Zafar: Fuxir, soltarse, escapar.
Espallar: Difundir, propagar, divulgar.
sábado, 13 de maio de 2023
VERSOS POEMAS DE EDUARDO PONDAL
VERSOS EDUARDO PONDAL
Cando te vexo
os camiños dos ventos
ela vence o desterro
cos sopros do vento
levántase as montañas
que aínda acaba
nin de velar a carne vil comprada
Atrás non miredes
non ver. Ela é clemente.
Arrastran no seu camiño
darche un biquiño
Os esquivos vendavales
as cordas dos combates
Chegarán os tempos
con cuspe do inferno.
Novas esperanzas morren
que sabe el do seu nome.
martes, 2 de maio de 2023
O GATO- Día das letras galegas 2023
Queres saber a historia do gato?
Xuntáronse catro un
día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.
Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.
Que tal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como fixeron co gato.
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como fixeron co gato.
Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.(BIS)
Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira
Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.(BIS)
luns, 24 de abril de 2023
xoves, 2 de marzo de 2023
xoves, 9 de febreiro de 2023
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)