domingo, 6 de agosto de 2023

VOCABULARIO TEMA 5 E TEMA 6

VOCABULARIO TEMA-5
Trasgos: Trasno. Ser fantástico nocturno que adoita facer estragos e enredar sen producir dano grave. Rapaz argalleiro, inquieto.
Provisións: Reservas de alimentos ou outras cousas necesarias; depósito, almacenamento.
Cacique: Persoa que exerce de maneira absoluta o poder real nun pobo ou territorio.
Vaidoso: Persoa que ten unha estima esaxerada de si mesmo.
Mosquetón: Arma de fogo parecida ao fusil pero máis curta.
Sufocar: Extinguir, apagar.
Fouciños: instrumentos de labranza de folla grosa e forte co mango máis longo ca o da fouciña, que se utiliza para rozar
Agocho: Escondite.
Argucias: artimaña, estrataxema. Medio hábil que se utiliza para conseguir algo.
Pendurar: Colgar.

VOCABULARIO TEMA-6
Bandoleira: 1.Persoa que se dedica a roubar polos camiños.  2.Correa que vai desde o ombreiro á cintura e serve para colgar cousas nela.
Arrabear: Rabiar. Sentir rabia, ira.
Aguerrida: Que está sempre disposta a loitar por aquilo que merece ser defendido.Que non teme a adversidade.
Convidar: Invitar.
Barallar: Resolver, remexer. Mesturar as cartas.
Alcume: Nome que se lle dá coloquialmente a unha persoa en lugar do seu propio. Mal nome, alias, sobrenome.
Rexeitar: Non aceptar, desaprobar. Desprezar,apartar.
Zafar: Fuxir, soltarse, escapar.
Espallar: Difundir, propagar, divulgar.