xoves, 21 de novembro de 2024

VOCABULARIO TEMA-5

 VOCABULARIO TEMA-5

Trasgos: Trasno. Ser fantástico nocturno que adoita facer estragos e enredar sen producir dano grave. Rapaz argalleiro, inquieto.
Provisións: Reservas de alimentos ou outras cousas necesarias; depósito, almacenamento.
Cacique: Persoa que exerce de maneira absoluta o poder real nun pobo ou territorio.
Vaidoso: Persoa que ten unha estima esaxerada de si mesmo.
Mosquetón: Arma de fogo parecida ao fusil pero máis curta.
Sufocar: Extinguir, apagar.
Fouciños: instrumentos de labranza de folla grosa e forte co mango máis longo ca o da fouciña, que se utiliza para rozar
Agocho: Escondedoiro.
Argucias: artimaña, estrataxema. Medio hábil que se utiliza para conseguir algo.
Pendurar: Colgar.

VOCABULARIO TEMA 4

Sementar: Espallar, divulgar unha noticia ou suceso. Plantar a semente na terra.

Ouvear: Emitir o lobo ou o can o seu berro ou voz de forma prolongada.

Burato: Buraco, orificio, furado.

Agudizar: Facer máis agudo ou máis intenso algo.

Fraga: terreo onde  hai moitas árbores e mato espeso.

Cacique: persoa que exerce de maneira absoluta o poder real nun pobo ou territorio.

Lobicán: Animal que resulta do cruzamento dun can e un lobo. 

Fuxir: Afastarse rapidamente dunha cousa por medo.

Vinganza: acción e resultado de vingar. Represalia

Ribeira: marxe e beira do río, dunha ría ou do mar.

Apañar: Recibir unha tunda ou castigo.


mércores, 20 de novembro de 2024

GUIÓN T.4 E T.5- REPASO

GUIÓN T.4 E T.5

 GUIÓN GALEGO T.4 e T.5

1.     Vocabulario T.4 e T.5. Ver blog.
2.        Que é a poesía? O poema: verso, estrofa e rima.
3.        Recursos literarios: Metáfora, Comparación, Personificación, Hipérbole. pax 56, ver blog
4.        Que indican os demostrativos e cales son? Saber identificar os demostrativos que hai nun texto e indicar o seu xénero, número e distancia. Coñecer as contraccións dos demostrativos coas preposicións en ou de pax 58. ver blog
5.        Para que se utilizan os posesivos e cales son? pax 61 ver blog
6.        Que son as palabras compostas? Identificalas e saber que palabras a forman pax 62. ver blog
7.        Aprender as normas das palabras con b, pax 63. Recoñecer que norma do b cumpre unha palabra e saber poñer b ou v segundo conveña. ver blog
8.        O texto instrutivo. Saber elaborar un texto instrutivo pax 70,71 ver blog
9.        Que é un enunciado? Diferenza entre frases e oracións e tipos de oracións. pax 72,73. ver blog
10.   Que é un campo semántico?Saber clasificar palabras en campos semánticos ou recoñecer a que campo semántico pertence un grupo de palabras pax 74,75 ver blog
11.   Que son os diminutivos e os aumentativos? pax 76,77 ver blog
12.   Aprende as normas das palabras con v, con ll e i. pax 78,79. ver blog
13.   Ditado coas normas estudadas ata agora..
14.   Repasar os exercicios feitos na clase: no caderno, orais ou no Classroom.

sábado, 26 de outubro de 2024

OS ANTÓNIMOS







Recto - curvo
Escuro- claro
Dentro- fóra
Ruidoso - silencioso
Encima - debaixo

OS SINÓNIMOS







Exemplo:

Sorpresa: asombro

Pelo: cabelo

Difícil: complicado

Exquisito: rico

Incrible: asombroso

Serpe: cóbrega, serpente

Fiestra: xanela, ventá

Próximo: vindeiro

Excepcional: extraordinario

Empezará: comezará

fascinar: encantar

mestres: profesores


Rematar- acabar

Nervioso- inquedo

Automóbiles- coches

Esgotado - canso

Bonitos - chulos.

Consigo - podo

A ENTREVISTA

HISTORIA DO SAMAÍN

Un pouco de historia, coñece a orixe do Samain:
 "Segundo a tradición na noite do 31 de Outubro empezaba aninovo celta, onde se iniciaba o tempo de cambio de estación, da colleita e os misterios entre a vida e a morte. Nesta data, coñecida como o Samaín, os defuntos tiñan a autorización para camiñar entre os vivos, xa que se abrían as portas do máis alá, e tamén a posibilidade de reunirse cos antepasados mortos. Para manter a estes espíritos contentos e afastar os malos dos seus fogares, os celtas deixaban fora das súas casas comida e doces e acendían unhas fogueiras para que se puidieran quentar. Durante esas horas podíase tocar, palpar e ata traspasar ao mundo dos mortos. Ademais para asustar as almas dos seus inimigos deixaban nos muros das casas as caveiras dos que mataran. Tamén era costume tallar nabos de gran tamaño que posteriormente pasarían a ser cabazas.
O cristianismo acabou asimilando esta festa designando o primeiro de Novembro como Día de Tódolos Santos e o seguinte día como Día dos Defuntos. Nos países de tradición anglosaxona, a celebración do Samaín recibe o nome de "Halloween", sempre ligado ao uso masivo de disfraces e á  decoración das famosas cabazas". INVESTIGA sobre O SAMAIN fai click aquí
Tamén podes leer toda a información na presentación que sigue.


venres, 25 de outubro de 2024

A NOTICIA

AS PALABRAS PRIMITIVAS E DERIVADAS





























Os prefixos  in- e des- empréganse para formar palabras de significados contrarios..

Cómo formar palabras contrarias?
Exemplos:
capaz- incapaz
necesario- innecesario
coser- descoser
facer- desfacer

mércores, 23 de outubro de 2024

VOCABULARIO TEMA 3

Inxustiza: aquilo que é inxusto.

Espallamento: Propagación. Acción e efecto de espallar ou espallarse

Bovina: Pertencente ou relativo ao boi ou á vaca.

Xurdir: emerxer. Aparecer subitamente.

Financiar: contribuír con diñeiro suficiente ou sufragar os gastos de algo.

Fazaña: acción heroica; proeza, xesta.

Portador: persoa encargada de portar ou transportar algo dun lugar a outro.

Velar:vixiar, coidar, especialmente pola noite a un enfermo ou defunto.


GUIÓN TEMA 3

GUIÓN GALEGO T.3

1.      Vocabulario T.3. Ver blog.

2.      Que é unha noticia?Partes da noticia. Que debe responder unha noticia? Saber elaborar unha noticia pax 42.

3.      Que é unha entrevistas? Pasos para realizar unha entrevista pax 43.

4.      Que son palabras sinónimas e antónimas? Relacionar unha  palabra coa súa sinónima ou coa súa antónima,ou poñer a palabra sinónima ou antónima doutra que se indique pax 44.

5.      Os artigos. Tipos de artigos. Contraccións dos artigos coas preposicións a, con, de, en e por. Identificar artigos nun texto e indicar de que tipo son pax 45

6.      Saber como pode ser o xénero e o número dos nomes ou adxectivos. Recoñecer se un nome ou adxectivo está en feminino ou masculino, en singular ou plural pax 46,47.

7.      Para que se empregan os signos de interrogación e exclamación e saber usalos, pax 48

8.      Uso da raia e os dous puntos pax 49

9.      Buscar información sobre un instrumento o personaxe que se indique. Tablet

10.  Ditado das normas estudadas ata agora. 

COMO FACER UN BO TRABALLO ESCRITO

xoves, 10 de outubro de 2024

OS SUBSTANTIVOS ou NOMES- TIPOS E XÉNERO E NÚMERO












Os substantivos individuais se se refiren a un  elemento, estando en singular. Ex: soldado, árbore, xogador, etc.

Os substantivos colectivos se se refiren a un conxunto de elementos, estando en singular. Ex: exército, bosque, equipo, etc.


Os substantivos concretos nomean seres ou obxectos que se poden percibir cos sentidos. Ex: enfermeiro, termómetro.

Os substantivos abstractos nomean ideas e sentimentos Ex: xenerosidade, ledicia.


xoves, 3 de outubro de 2024

DESCRIBIR LUGARES

RECORDA QUE UNHA DESCRICIÓN DUN LUGAR: Debe responder ás seguintes preguntas:
Que é?
Onde se atopa?
Que elementos destacan?
Que sensacións transmite? 










Exemplo: Desde a xanela vemos unha paisaxe e campo dunha vila galega. No primeiro plano hai uns campos verdes con cultivos. Logo vexe un anaco de mar e unha vila cunha fermosa praia. Ao fondo divisamos unhas montañas altas e cheas de vexetación. Transmite unha sensación de tranquilidade e alegría porque o ceo está azul e parece primavera. 

Describir lugares Despraza a barra da dereita para ver todo

mércores, 2 de outubro de 2024

DESCRIBIR OBXECTOS

RECORDA QUE UNHA DESCRICIÓN DUN OBXECTO: Debe responder ás seguintes preguntas:
Que é?
Como é?
Que partes ten?
Para que serve? 









EXEMPLO: Este obxecto é un viravento. Ten un tamaño mediano e pode collerse coa man. Está formado por un pau e unha serie de láminas de cores enganchadas todas xuntas a un centro. Están dobradas para que o vento as empurre como pequenas velas. Serve para xogar e é un obxecto bonito e divertido.

Describir obxectos Despraza a barra da dereita para ver todo

domingo, 29 de setembro de 2024

DESCRIBIR UNHA PERSOA


















Exemplo: 

Nerea é unha meniña alta para a súa idade. Ten un cabelo escuro e rizado moi vistoso. A pel é morena e ten uns fermosos ollos escuros. Nerea é unha rapaza tranquila é intelixente. Gústalle moito ler e escribir contos.


VOCABULARIO TEMA -2

DEBES SABER IDENTIFICAR CADA SIGNIFICADO COA SÚA PALABRA
Selva: extensión  grande de terreo, propia das zonas ecuatoriais e tropicais, con vexetación espesa e frondosa.

Reflexionar: pensar.

Faciana: face, cara, rostro.

Amosar: mostrar.

Corveta: Barco lixeiro de guerra de tres mastros máis pequeno co acoirazado..

Mastros: pau vertical, xeralmente de madeira, onde se sustentan as velas dunha embarcación.

Áncora: Instrumento de ferro que se bota ao fondo do mar e serve para inmobilizar a embarcación.

Pústulas: Inflamación da pel, chea de pus.

Pus: Líquido espeso amarelo formado por leucocitos que deitan os tecidos inflamados, as feridas, etc.

O PUNTO , O PARÁGRAFO E AS LETRAS MAIÚSCULAS

xoves, 26 de setembro de 2024

A SÍLABA. TIPOS DE PALABRAS





Para partir unha palabra ao final de liña empregamos o guión. Unha palabra pode separarse de diferentes formas. Exemplo:


NUNCA deixaremos unha vogal soa nin ao principio nin ao final dunha liña.

Ex: amizade: ami-zade; amiza-de         

Nunca se podería separar pola a 


sábado, 21 de setembro de 2024

AS PALABRAS E AS SÍLABAS

COMO ELABORAR UN CONTO?

O ABECEDARIO E A ORDE ALFABÉTICA






O abecedario é o conxunto de letras dunha lingua. O abecedario galego ten vinte e tres letras.

Ademais contamos on seis dígrafos: dúas letras que representan un único son (ch, gu, ll, nh, qu, rr).

Algunhas palabras,  que normalmente son préstamos doutras linguas, conteñen letras que non forman parte do noso abecedario. (j, k, w , y).

Para ordenar dúas palabras que comezan pola mesma letra, debes fixarte na seguinte letra que sexa distinta.


venres, 20 de setembro de 2024

O DICIONARIO

O dicionario é o conxunto de palabras que forman unha lingua.
As palabras do abecedario están ordenadas alfabeticamente.

 

Unha entrada é cada unha das definicións que hai nun dicionario. En cada unha de elas hai información sobre o significado, a orixe da palabra, o tipo e o xénero e as acepcións.



Para buscar o significado dunha palabra podemos utilizar dicionarios en papel ou dicionarios dixitais coo o que ofrece a Real Academia Galega.



REGRAS DE ACENTUACIÓN


martes, 17 de setembro de 2024

VOCABULARIO DA SAÚDE - TEMA-1

DEBES SABER IDENTIFICAR CADA SIGNIFICADO COA SÚA PALABRA
Enfermeira/-o: Profesional que exerce a enfermería. Sinónimo:Auxiliar técnico sanitario.

Odontóloga/-o: Dentista. Persoa especialista en tratar a doenza e a hixiene dos dentes.

Fisioterapeuta: Especialista en fisioterapia. Persoa especialista en tratar con medios curativos baseados en medios físicos e naturais.

Alergóloga/-oProfesional que trata as alerxias.

Farmacéutica/-o: Persoa que exerce na farmacia. Boticario/-a.

Oftalmólogo/-a: Especialista que trata o ollo e as súas doencias.

SarampeloXarampón. Enfermidade contaxiosa que se manifesta pola aparición de erupcións cutáneas de cor rubia.

Bronquite: Inflamación da mucosa dos bronquios.

Arrefriado: Costipado. Estado morboso ocasionado pola exposición ao frío ou a humidade asociado con catarro dunha ou mais mucosas que comporta un aumento da secreción nasal, espirros, tose.,etc.

VaríolaEnfermidade infecciosa e contaxiosa, de natureza vírica, que produce febre alta e aparición de pústulas con bostelas que ao caeren adoitan deixar marcas na pel.

Varicela: Enfermidade infecciosa febril e contaxiosa, que se caracteriza pola aparición de vesículas que secan sen supurar e non deixan cicatriz.

Artrose: Inflamación crónica dexenerativa e non inflamatoria das articulacións.

AmigdaliteInflamación das amígdalas. Anxinas.

Psoriase: Enfermidade da pel de causa descoñecida e xeralmente crónica, caracterizada pola formación de manchas de cor vermella recubertas de escamas abrancazadas que se localizan sobre todo nos cóbados e xeonllos.