luns, 28 de outubro de 2024
sábado, 26 de outubro de 2024
OS SINÓNIMOS
Sorpresa: asombro
Pelo: cabelo
Difícil: complicado
Exquisito: rico
Incrible: asombroso
Serpe: cóbrega, serpente
Fiestra: xanela, ventá
Próximo: vindeiro
Excepcional: extraordinario
Empezará: comezará
fascinar: encantar
mestres: profesores
Rematar- acabar
Nervioso- inquedo
Automóbiles- coches
Esgotado - canso
Bonitos - chulos.
Consigo - podo
HISTORIA DO SAMAÍN
"Segundo a tradición na noite do 31 de Outubro empezaba aninovo celta, onde se iniciaba o tempo de cambio de estación, da colleita e os misterios entre a vida e a morte. Nesta data, coñecida como o Samaín, os defuntos tiñan a autorización para camiñar entre os vivos, xa que se abrían as portas do máis alá, e tamén a posibilidade de reunirse cos antepasados mortos. Para manter a estes espíritos contentos e afastar os malos dos seus fogares, os celtas deixaban fora das súas casas comida e doces e acendían unhas fogueiras para que se puidieran quentar. Durante esas horas podíase tocar, palpar e ata traspasar ao mundo dos mortos. Ademais para asustar as almas dos seus inimigos deixaban nos muros das casas as caveiras dos que mataran. Tamén era costume tallar nabos de gran tamaño que posteriormente pasarían a ser cabazas.
O cristianismo acabou asimilando esta festa designando o primeiro de Novembro como Día de Tódolos Santos e o seguinte día como Día dos Defuntos. Nos países de tradición anglosaxona, a celebración do Samaín recibe o nome de "Halloween", sempre ligado ao uso masivo de disfraces e á decoración das famosas cabazas". INVESTIGA sobre O SAMAIN fai click aquí
Tamén podes leer toda a información na presentación que sigue.
venres, 25 de outubro de 2024
AS PALABRAS PRIMITIVAS E DERIVADAS
Cómo formar palabras contrarias?
Exemplos:
capaz- incapaz
necesario- innecesario
coser- descoser
facer- desfacer
xoves, 24 de outubro de 2024
mércores, 23 de outubro de 2024
VOCABULARIO TEMA 3
Inxustiza: aquilo que é
inxusto.
Espallamento: Propagación.
Acción e efecto de espallar ou espallarse
Bovina: Pertencente ou
relativo ao boi ou á vaca.
Xurdir: emerxer. Aparecer
subitamente.
Financiar: contribuír con
diñeiro suficiente ou sufragar os gastos de algo.
Fazaña: acción heroica;
proeza, xesta.
Portador: persoa encargada
de portar ou transportar algo dun lugar a outro.
Velar:vixiar, coidar,
especialmente pola noite a un enfermo ou defunto.
GUIÓN TEMA 3
GUIÓN GALEGO
T.3
1.
Vocabulario T.3.
Ver blog.
2.
Que é unha noticia?Partes
da noticia. Que debe responder unha noticia? Saber elaborar unha noticia pax
42.
3.
Que é unha
entrevistas? Pasos para realizar unha entrevista pax 43.
4. Que son palabras sinónimas e antónimas? Relacionar unha palabra coa súa sinónima ou coa súa antónima,ou poñer a palabra sinónima ou antónima doutra que se indique pax 44.
5.
Os artigos. Tipos
de artigos. Contraccións dos artigos coas preposicións a, con, de, en e por.
Identificar artigos nun texto e indicar de que tipo son pax 45
6.
Saber como pode ser
o xénero e o número dos nomes ou adxectivos. Recoñecer se un nome ou adxectivo
está en feminino ou masculino, en singular ou plural pax 46,47.
7.
Para que se
empregan os signos de interrogación e exclamación e saber usalos, pax 48
8.
Uso da raia e os
dous puntos pax 49
9. Buscar información sobre un instrumento o personaxe que se indique. Tablet
10. Ditado das normas estudadas ata agora.
mércores, 16 de outubro de 2024
sábado, 12 de outubro de 2024
venres, 11 de outubro de 2024
xoves, 10 de outubro de 2024
OS SUBSTANTIVOS ou NOMES- TIPOS E XÉNERO E NÚMERO
Os substantivos individuais se se refiren a un elemento, estando en singular. Ex: soldado, árbore, xogador, etc.
Os substantivos colectivos se se refiren a un conxunto de elementos, estando en singular. Ex: exército, bosque, equipo, etc.
Os substantivos concretos nomean seres ou obxectos que se poden percibir cos sentidos. Ex: enfermeiro, termómetro.
xoves, 3 de outubro de 2024
DESCRIBIR LUGARES
Exemplo: Desde a xanela vemos unha paisaxe e campo dunha vila galega. No primeiro plano hai uns campos verdes con cultivos. Logo vexe un anaco de mar e unha vila cunha fermosa praia. Ao fondo divisamos unhas montañas altas e cheas de vexetación. Transmite unha sensación de tranquilidade e alegría porque o ceo está azul e parece primavera.
mércores, 2 de outubro de 2024
DESCRIBIR OBXECTOS
EXEMPLO: Este obxecto é un viravento. Ten
un tamaño mediano e pode collerse coa man. Está formado por un pau
e unha serie de láminas de cores enganchadas todas xuntas a un centro. Están
dobradas para que o vento as empurre como pequenas velas. Serve para xogar
e é un obxecto bonito e divertido.