sábado, 30 de novembro de 2024
PALABRAS COMPOSTAS
RAÑAR + CEOS= Rañaceos
QUITAR + MANCHAS = Quitamanchas
PISAR + PAPEIS= Pisapapeis
AFIAR + LAPIS= Afialapis
TOCAR + DISCOS= Tocadiscos
QUITAR + MANCHAS = Quitamanchas
PISAR + PAPEIS= Pisapapeis
AFIAR + LAPIS= Afialapis
TOCAR + DISCOS= Tocadiscos
sábado, 23 de novembro de 2024
venres, 22 de novembro de 2024
xoves, 21 de novembro de 2024
VOCABULARIO TEMA-5
VOCABULARIO TEMA-5
Trasgos: Trasno. Ser fantástico nocturno que adoita facer estragos e enredar sen producir dano grave. Rapaz argalleiro, inquieto.
Provisións: Reservas de alimentos ou outras cousas necesarias; depósito, almacenamento.
Cacique: Persoa que exerce de maneira absoluta o poder real nun pobo ou territorio.
Vaidoso: Persoa que ten unha estima esaxerada de si mesmo.
Mosquetón: Arma de fogo parecida ao fusil pero máis curta.
Sufocar: Extinguir, apagar.
Fouciños: instrumentos de labranza de folla grosa e forte co mango máis longo ca o da fouciña, que se utiliza para rozar
Agocho: Escondedoiro.
Argucias: artimaña, estrataxema. Medio hábil que se utiliza para conseguir algo.
Pendurar: Colgar.
VOCABULARIO TEMA 4
Sementar: Espallar, divulgar
unha noticia ou suceso. Plantar a semente na terra.
Ouvear: Emitir o lobo ou
o can o seu berro ou voz de forma prolongada.
Burato: Buraco, orificio,
furado.
Agudizar: Facer máis agudo
ou máis intenso algo.
Fraga: terreo onde hai moitas árbores e mato espeso.
Cacique: persoa que exerce
de maneira absoluta o poder real nun pobo ou territorio.
Lobicán: Animal que
resulta do cruzamento dun can e un lobo.
Fuxir: Afastarse rapidamente
dunha cousa por medo.
Vinganza: acción e
resultado de vingar. Represalia
Ribeira: marxe e beira do
río, dunha ría ou do mar.
Apañar: Recibir unha
tunda ou castigo.
mércores, 20 de novembro de 2024
GUIÓN T.4 E T.5
GUIÓN GALEGO T.4 e T.5
1. Vocabulario T.4 e T.5. Ver blog.2. Que é a poesía? O poema: verso, estrofa e rima.3. Recursos literarios: Metáfora, Comparación, Personificación, Hipérbole. pax 56, ver blog4. Que indican os demostrativos e cales son? Saber identificar os demostrativos que hai nun texto e indicar o seu xénero, número e distancia. Coñecer as contraccións dos demostrativos coas preposicións en ou de pax 58. ver blog5. Para que se utilizan os posesivos e cales son? pax 61 ver blog6. Que son as palabras compostas? Identificalas e saber que palabras a forman pax 62. ver blog7. Aprender as normas das palabras con b, pax 63. Recoñecer que norma do b cumpre unha palabra e saber poñer b ou v segundo conveña. ver blog8. O texto instrutivo. Saber elaborar un texto instrutivo pax 70,71 ver blog9. Que é un enunciado? Diferenza entre frases e oracións e tipos de oracións. pax 72,73. ver blog10. Que é un campo semántico?Saber clasificar palabras en campos semánticos ou recoñecer a que campo semántico pertence un grupo de palabras pax 74,75 ver blog11. Que son os diminutivos e os aumentativos? pax 76,77 ver blog12. Aprende as normas das palabras con v, con ll e i. pax 78,79. ver blog13. Ditado coas normas estudadas ata agora..14. Repasar os exercicios feitos na clase: no caderno, orais ou no Classroom.
martes, 19 de novembro de 2024
luns, 18 de novembro de 2024
domingo, 10 de novembro de 2024
mércores, 6 de novembro de 2024
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)