Repaso Refuerzo y Ampliación T-1 Despraza a barra da dereita para ver todo ou DESCÁRGAO AQUÍ.
mércores, 26 de setembro de 2018
domingo, 10 de xuño de 2018
FICHA DE ACTIVIDADES DE REFORZO PARA O VERÁN
|
LINGUA GALEGA
|
q Traballade a ortografía: facer ditados coas normas
ortográficas traballadas este ano (consulta o blog de galego). Facer varios
exercicios onde teñas que diferenciar palabras agudas, graves, esdrúxulas e
sobresdrúxulas. Subliñando a súa sílaba tónica e explicando por que levan ou
non til.
q Traballade a comprensión lectora: Lede lecturas en galego e saber
contestar a preguntas que me fagan delas. Ler libros en galego e saber facer
resumos das lecturas.
q Traballade a Expresión escrita: Elabora: un conto, un poema. Redacta
unha noticia de algo que aconteceu. Fai unha carta aos teus amigos para
contarlles o que estás facendo. Describe lugares que visites, persoas, animais
ou obxectos que te atopes. Fai un cómic. Fai o resumo de lecturas que liches.
q Buscade no dicionario distintas palabras que
aparezan nas lecturas dun libro e saber
facer frases con elas.
q Facer exercicios onde
teñas que diferenciar: nomes, adxectivos, determinantes, pronomes, verbos e
saber analizalos (xénero, número, persoa, tempo, etc). Separar o suxeito do
predicado nunha oración.
q Non te esquezas de
consultar os apuntes de galego para facer un bo traballo.
Ademais do Recoméndase consultar ou facer no verán as actividades de reforzo propostas
no BLOG da clase.
xoves, 3 de maio de 2018
martes, 1 de maio de 2018
domingo, 22 de abril de 2018
sábado, 10 de febreiro de 2018
xoves, 7 de setembro de 2017
A RIANXEIRA- CON LETRA
A RIANXEIRA
Ondiñas
veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira,
que te vas a marear. BIS
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira,
que te vas a marear. BIS
A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo, BIS
a barquiña que a leva
era de pau de laranxo. BIS
cando vai para Rianxo, BIS
a barquiña que a leva
era de pau de laranxo. BIS
Retrouso
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, BIS
descalciña pola area,
parece unha rianxeira. BIS
cando vai pola ribeira, BIS
descalciña pola area,
parece unha rianxeira. BIS
Retrouso
xoves, 11 de maio de 2017
sábado, 11 de marzo de 2017
venres, 20 de xaneiro de 2017
Xirarei
Cando mais te vexo
mais me atroxo
e que xeito do teu corpo
vai facendo que eu me sinta
mais coitado que un rapaz
Teñolle mais medo
ó teus ollos feiticeiros
có numbrado dunha noite
de meigallos
chea de agoiros
do mal
E pra namorarte
Xirarei
Xirarei coma a roda do muiño
Xirarei nas tuas augas de muller
Xirarei un por un os teus camiños
pra namorarte ,xirarei e xirarei
Xirarei como ti digas e queiras
pra buscarche a beirada xirarei
E ben ei que coa miña foleira
Namorareite e xirarei e xirarei
Eres coma unha pomba viaxeira
que voando estás na feira das mentiras e verdades
e non sabes onde vas
Cando mais te vexo
mais me atroxo
e que xeito do teu corpo
vai facendo que eu me sinta
mais coitado que un rapaz.
E pra namorarte
Xirarei
Xirarei coma a roda do muiño
Xirarei nas tuas augas de muller
Xirarei un por un os teus camiños
pra namorarte ,xirarei e xirarei
Xirarei como ti digas e queiras
pra buscarche a beirada xirarei
E ben sei que coa miña foleira
Namorareite e xirarei e xirarei
xoves, 19 de xaneiro de 2017
A SAIA DE CAROLINA
A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ó rabo.
-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés,
vístese pola cabeza
e éspese polos pés.
que todo o fai ó revés,
vístese pola cabeza
e éspese polos pés.
-Bailaches Carolina?
-Bailei no cuartel.
-Dime con quen bailaches.
Bailei co coronel (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.
-Bailei no cuartel.
-Dime con quen bailaches.
Bailei co coronel (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.
O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.
-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor.
Co teu amor, Carolina,
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar. BIS
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar. BIS
domingo, 25 de decembro de 2016
sábado, 24 de setembro de 2016
domingo, 18 de setembro de 2016
ACTIVIDADES DE REPASO T.2
Repaso Refuerzo y Ampliación T-2 Despraza a barra da dereita para ver todo ou podes DESCARGALA
sábado, 21 de maio de 2016
venres, 29 de abril de 2016
TERRA CHÁ "O galo"- Manuel María
Espertas as estrelas
co teu quiquiriquí.
Tes plumas amarelas
coas que presumes ti.
Es un grande señor,
orgulloso, sen diñeiro!
Meu galo galeador!
Fachenda do galiñeiro!
co teu quiquiriquí.
Tes plumas amarelas
coas que presumes ti.
Es un grande señor,
orgulloso, sen diñeiro!
Meu galo galeador!
Fachenda do galiñeiro!
xoves, 21 de abril de 2016
xoves, 14 de abril de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)