xoves, 12 de maio de 2022

POUSA E POUSA

 Letras

Pousa, Pousa (A Roda)
Fun a taberna de meu compadre
Fun polo vento e vin polo aire,
(Bis)
E como cousa de encantamento
Fun polo aire e vin polo vento.
(Bis)
Retrouso
E pousa, pousa, pousa
E non me toques naquela cousa,
E pousa, pousa axiña
E non me toques naquela cousiña.

(Bis)
Murmuraban as miñas veciñas
Que eu andaba co crego nas viñas,
(Bis)
Iso e verdade eu non o nego
Que eu andiven a loitas co crego.
(Bis)
Retrouso (Bis)
E pousa, pousa, pousa
E non me toques naquela cousa,
E pousa, pousa axiña
E non me toques naquela cousiña.
Cando me case xa teño un galo
Xa miña nai non mo ten que dalo,
(Bis)
Cando me case xa teño un polo
Xa miña nai non me ten que dar todo.
(Bis)
Retrouso (Bis)
E pousa, pousa, pousa
E non me toques naquela cousa,
E pousa, pousa axiña
E non me toques naquela cousiña.

ACTIVIDADES DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022


 

martes, 26 de abril de 2022

AS FAMILIAS DE PALABRAS

A parte que teñen en común chámase raíz.
Recorda que se un verbo é a palabra primitiva, para saber cal é a súa raíz, quitámoslle as terminacións -ar , -er ou -ir.

Ex: pescar- pescador- pescado- pescadaría

luns, 25 de abril de 2022

TIPOS DE ORACIÓNS














As oracións interrogativas rematan sempre cun signo de interrogación (?) e as exclamativas cun signo de admiración (!)

xoves, 21 de abril de 2022

PALABRAS CON B E CON V

Recorda escríbense con b:
bla, ble, bli, blo, blu 
bra, bre, bri, bro, bru.



Escríbese con b estas palabras: bolboreta, birlo, bebedoiro, bombón, gamba, etc.
Escríbense con v estas palabras: avoa, verme, chuvia, aviso,

venres, 15 de abril de 2022

VOCABULARIO TEMA 11 E TEMA 12

VOCABULARIO TEMA-11

Fítao: Mírao fixamente
Fica: Queda, permanece.
Subitamente: de repente.
Hule: Tea impermeable.
Mágoa: pena.
Érguese: Levántase, ponse de pé.
Deprimido: moi triste.

VOCABULARIO TEMA-12

Repertorio: conxunto de obras para interpretar.
Freixós: Filloas.
Melindres: Doces pequenos feitos con mel.
Saloon: Taberna típica do Oeste.
Búmerang: Obxecto de forma arqueada que ao lanzalo volve ao lugar de partida.
Emprenderon: Empezaron a facer.

xoves, 14 de abril de 2022

GUIÓN T.11 y T.12

Guión Galego T.11 e T.12
1.      Vocabulario pax 200, 218
2.      As emocións nun texto pax 206. Saber expresar por escrito como te sentes nunha situación especial.
3.      Que son palabras compostas? Recoñecelas e identificar de que palabras simples proceden pax207.
4.      A oración e as súas partes. Saber separar o suxeito do predicado dunha oración, recoñecendo en primeiro lugar o verbo e preguntándolle Quen? pax 208,209
5.      Normas ortográficas das palabras con b e con v, pax 210,211
6.      Por quen está formado un texto teatral?. Saber facer unha pequena obra de teatro, pax 212,213.
7.      Que é un folleto turístico? Saber inventar un, pax 224.
8.      Que son as familias de palabras? Recoñecelas e saber identificar a súa raíz. pax 225.
9.      Tipos de oracións. Indicar de que tipo é unha oración. Saber transformar unha oración dun tipo noutro tipo, pax 224,225
10.  Norma ortográfica : As regras de acentuación das palabras agudas, graves e esdrúxulas, pax 228,229
11.  Que é un cómic? Saber facer un pequeno cómic. pax 230,231
12.  Repasar os exercicios feitos en clase. 

xoves, 17 de marzo de 2022

PALABRAS CON H










Algunhas palabras con h
Ex: Hipermercado,hipoteca,hidráulica,hidromasaxe, heliporto, hidroavión, había, haberá, houbo, heroe,  húmido, hélice,  hora, herba, hotel,horrible, hospital, historia, Helena
Recorda que:
Hai, do verbo haber escríbese con h.
Aí indica un lugar, e escríbese sen h



venres, 25 de febreiro de 2022

GUIÓN T.9 e T.10

GUIÓN GALEGO T.9 e T.10
1.     Vocabulario pax 168,184.
2.     Que son as instrucións? Saber explicar as instrucións para facer algo. pax 174
3.     Que son palabras derivadas? Cales son os prefixos utilizados para facer palabras contrarias? A partir dunha palabra primitiva, saber usar os prefixos para formar a palabras derivadas contrarias a ela pax175.
4.     Que son os verbos? Localizar a forma verbal nunha oración e indicar cal é o seu infinitivo, a persoa e número  pax 176,177
5.     Normas ortográficas da h e da nh pax 178,179. Diferenciar: Hai do verbo haber e Aí sen h que indica lugar. Contraccións das preposicións: con, de ,en ; cos artigos un, unha, uns, unhas. pax 179(5)
6.     Saber facer unha solicitude. Que debe aparecer nunha solicitude ben feita. pax 190.
7.     Que son os sufixos? Coñecer os sufixos -dor, -dora, -ista, -eiro, -eira y -aría para formar palabras derivadas. pax191
8.     Cales son os tempos dun verbo? Saber en que tempo se atopa ou  usar a forma verbal adecuada dependendo do momento no que se está producindo a acción. pax 192
9.     Que son verbos regulares ou irregulares? Identificalos observando se conservan a mesma raíz do infinitivo pax 193.
10.           Norma ortográfica das palabras con mp e mb pax 194,195
11.           Repasade os exercicios feitos na clase.