O
folleto turístico, como o seu nome indica, ten como obxectivo
principal entregar ao turista información importante da oferta turística dun
lugar determinado. As partes máis importantes do folleto serán:
¨ Localización (información do lugar onde vives): Descrición da zona, onde está situado, mapas,
servizos básicos, cantos habitantes ten, un pouco da súa historia e calquera
detalle relacionado con respecto a como chegar.
¨ Lugares turísticos (Onde ir): Información sobre a oferta turística (onde ir, que podemos visitar), xa
sexan: museos, igrexas, parques, lugares
de cámping, praias, parques naturais, entre outros.
¨ Actividades (qué facer): Relaciónase as actividades a desenvolver no lugar ou nos seus arredores, tanto recreativas como de esparexemento, exemplos: paseos en barco ás illas, excursións a Santiago, festas gastronómicas, festas populares, ir a pescar, labores de campo, parques temáticos, actividades de vela, piragüismo, kaiaks etc.
¨ Gastronomía: Que
comidas típicas poden degustar no lugar onde vivo. Ex: empanada, polbo,
mexillóns, cocido galego, peixes da ría...
¨ Galería fotográfica engadir imaxes: Incorpore fotografías do lugar, dos lugares turísticos das
actividades o da súa gastronomía.
¨ Entre outros.
Como indicar onde se pode durmir, onde se pode comer, medios de transporte, etc.
Recorda
polo tanto que:
