martes, 5 de marzo de 2024

GUIÓN TEMA 8 E TEMA 9

GUIÓN GALEGO T.8 e T.9
1.     Vocabulario T.8 e T.9.
2.     Que é un cómic? Cales son os elementos do cómic? pax 114, 115
3.     Que tipos de planos existen e para que se utilizan? pax 114
4.     Saber inventar un cómic pequeno segundo se indique.
5.     Para que serven os pronomes persoais? Cales son os tipos de pronomes que hai e cales son as súas formas? pax116, 117
6.     Saber substituír nomes por pronomes. Localizar os pronomes que hai nun texto, pax 116,117
7.     Recoñecer as partes dunha oración: Suxeito e o predicado, subliñando previamente o verbo  pax 118,119
8.     Normas ortográficas da h e da nh pax 120,121. Diferenciar: Hai do verbo haber, Aí sen h que indica lugar e Ai! que expresa medo, dor ou sorpresa  pax 120,121, ver blog
9.     Que é o teatro?Cales son os seus elementos esenciais. Quen forma o equipo nunha obra de teatro? Inventar unha pequena obra teatral, pax 128
10.            Cales son as vantaxes de facer teatro? Tipos de obras teatrais, pax 129
11.            Que son os adverbios? Tipos de adverbios e as súas formas. Saber localizalos nun texto e indicar de que tipo son. pax 130,131
12.           Que son palabras primitivas e derivadas? Identificar a palabra primitiva dunha familia de palabras ou as súas derivadas pax 131
13.           Que son os prefixos e os sufixos? Coñecer os prefixos e os sufixos da páxina 132, co significado que aportan. Recoñecer palabras que estean formadas por sufixos ou por prefixos. pax 132,133
14.           Normas ortográficas das palabras con x pax 133.
15.           Ditado coas  normas estudadas ata o de agora dende o tema 1 ao tema 9.
16.           Repasade os exercicios feitos na clase.