VOCABULARIO TEMA-5
GALEGO 3º E.P.
xoves, 21 de novembro de 2024
VOCABULARIO TEMA-5
VOCABULARIO TEMA 4
Sementar: Espallar, divulgar
unha noticia ou suceso. Plantar a semente na terra.
Ouvear: Emitir o lobo ou
o can o seu berro ou voz de forma prolongada.
Burato: Buraco, orificio,
furado.
Agudizar: Facer máis agudo
ou máis intenso algo.
Fraga: terreo onde hai moitas árbores e mato espeso.
Cacique: persoa que exerce
de maneira absoluta o poder real nun pobo ou territorio.
Lobicán: Animal que
resulta do cruzamento dun can e un lobo.
Fuxir: Afastarse rapidamente
dunha cousa por medo.
Vinganza: acción e
resultado de vingar. Represalia
Ribeira: marxe e beira do
río, dunha ría ou do mar.
Apañar: Recibir unha
tunda ou castigo.
mércores, 20 de novembro de 2024
GUIÓN T.4 E T.5
GUIÓN GALEGO T.4 e T.5
1. Vocabulario T.4 e T.5. Ver blog.2. Que é a poesía? O poema: verso, estrofa e rima.3. Recursos literarios: Metáfora, Comparación, Personificación, Hipérbole. pax 56, ver blog4. Que indican os demostrativos e cales son? Saber identificar os demostrativos que hai nun texto e indicar o seu xénero, número e distancia. Coñecer as contraccións dos demostrativos coas preposicións en ou de pax 58. ver blog5. Para que se utilizan os posesivos e cales son? pax 61 ver blog6. Que son as palabras compostas? Identificalas e saber que palabras a forman pax 62. ver blog7. Aprender as normas das palabras con b, pax 63. Recoñecer que norma do b cumpre unha palabra e saber poñer b ou v segundo conveña. ver blog8. O texto instrutivo. Saber elaborar un texto instrutivo pax 70,71 ver blog9. Que é un enunciado? Diferenza entre frases e oracións e tipos de oracións. pax 72,73. ver blog10. Que é un campo semántico?Saber clasificar palabras en campos semánticos ou recoñecer a que campo semántico pertence un grupo de palabras pax 74,75 ver blog11. Que son os diminutivos e os aumentativos? pax 76,77 ver blog12. Aprende as normas das palabras con v, con ll e i. pax 78,79. ver blog13. Ditado coas normas estudadas ata agora..14. Repasar os exercicios feitos na clase: no caderno, orais ou no Classroom.
martes, 19 de novembro de 2024
luns, 18 de novembro de 2024
domingo, 10 de novembro de 2024
mércores, 6 de novembro de 2024
luns, 28 de outubro de 2024
sábado, 26 de outubro de 2024
OS SINÓNIMOS
Sorpresa: asombro
Pelo: cabelo
Difícil: complicado
Exquisito: rico
Incrible: asombroso
Serpe: cóbrega, serpente
Fiestra: xanela, ventá
Próximo: vindeiro
Excepcional: extraordinario
Empezará: comezará
fascinar: encantar
mestres: profesores
Rematar- acabar
Nervioso- inquedo
Automóbiles- coches
Esgotado - canso
Bonitos - chulos.
Consigo - podo
HISTORIA DO SAMAÍN
"Segundo a tradición na noite do 31 de Outubro empezaba aninovo celta, onde se iniciaba o tempo de cambio de estación, da colleita e os misterios entre a vida e a morte. Nesta data, coñecida como o Samaín, os defuntos tiñan a autorización para camiñar entre os vivos, xa que se abrían as portas do máis alá, e tamén a posibilidade de reunirse cos antepasados mortos. Para manter a estes espíritos contentos e afastar os malos dos seus fogares, os celtas deixaban fora das súas casas comida e doces e acendían unhas fogueiras para que se puidieran quentar. Durante esas horas podíase tocar, palpar e ata traspasar ao mundo dos mortos. Ademais para asustar as almas dos seus inimigos deixaban nos muros das casas as caveiras dos que mataran. Tamén era costume tallar nabos de gran tamaño que posteriormente pasarían a ser cabazas.
O cristianismo acabou asimilando esta festa designando o primeiro de Novembro como Día de Tódolos Santos e o seguinte día como Día dos Defuntos. Nos países de tradición anglosaxona, a celebración do Samaín recibe o nome de "Halloween", sempre ligado ao uso masivo de disfraces e á decoración das famosas cabazas". INVESTIGA sobre O SAMAIN fai click aquí
Tamén podes leer toda a información na presentación que sigue.
venres, 25 de outubro de 2024
AS PALABRAS PRIMITIVAS E DERIVADAS
Cómo formar palabras contrarias?
Exemplos:
capaz- incapaz
necesario- innecesario
coser- descoser
facer- desfacer
xoves, 24 de outubro de 2024
mércores, 23 de outubro de 2024
VOCABULARIO TEMA 3
Inxustiza: aquilo que é
inxusto.
Espallamento: Propagación.
Acción e efecto de espallar ou espallarse
Bovina: Pertencente ou
relativo ao boi ou á vaca.
Xurdir: emerxer. Aparecer
subitamente.
Financiar: contribuír con
diñeiro suficiente ou sufragar os gastos de algo.
Fazaña: acción heroica;
proeza, xesta.
Portador: persoa encargada
de portar ou transportar algo dun lugar a outro.
Velar:vixiar, coidar,
especialmente pola noite a un enfermo ou defunto.