sábado, 25 de abril de 2015

A RODA "O gato metido nun saco"

Queres saber a historia do gato? 
 Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista 
na praia da Castiñeira

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.(BIS)


Que tal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como fixeron co gato.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.(BIS)