venres, 22 de setembro de 2023

O DICIONARIO

O dicionario é o conxunto de palabras que forman unha lingua.
As palabras do abecedario están ordenadas alfabeticamente.

 

Unha entrada é cada unha das definicións que hai nun dicionario. En cada unha de elas hai información sobre o significado, a orixe da palabra, o tipo e o xénero e as acepcións.



Para buscar o significado dunha palabra podemos utilizar dicionarios en papel ou dicionarios dixitais coo o que ofrece a Real Academia Galega.



REGRAS DE ACENTUACIÓN


AS PALABRAS E AS SÍLABAS

domingo, 17 de setembro de 2023

O ABECEDARIO E A ORDE ALFABÉTICA






O abecedario é o conxunto de letras dunha lingua. O abecedario galego ten vinte e tres letras.

Ademais contamos on seis dígrafos: dúas letras que representan un único son (ch, gu, ll, nh, qu, rr).

Algunhas palabras,  que normalmente son préstamos doutras linguas, conteñen letras que non forman parte do noso abecedario. (j, k, w , y).

Para ordenar dúas palabras que comezan pola mesma letra, debes fixarte na seguinte letra que sexa distinta.


sábado, 16 de setembro de 2023

VOCABULARIO DA SAÚDE - TEMA-1

DEBES SABER IDENTIFICAR CADA SIGNIFICADO COA SÚA PALABRA
Enfermeira/-o: Profesional que exerce a enfermería. Sinónimo:Auxiliar técnico sanitario.

Odontóloga/-o: Dentista. Persoa especialista en tratar a doenza e a hixiene dos dentes.

Fisioterapeuta: Especialista en fisioterapia. Persoa especialista en tratar con medios curativos baseados en medios físicos e naturais.

Alergóloga/-oProfesional que trata as alerxias.

Farmacéutica/-o: Persoa que exerce na farmacia. Boticario/-a.

Oftalmólogo/-a: Especialista que trata o ollo e as súas doencias.

SarampeloXarampón. Enfermidade contaxiosa que se manifesta pola aparición de erupcións cutáneas de cor rubia.

Bronquite: Inflamación da mucosa dos bronquios.

Arrefriado: Costipado. Estado morboso ocasionado pola exposición ao frío ou a humidade asociado con catarro dunha ou mais mucosas que comporta un aumento da secreción nasal, espirros, tose.,etc.

VaríolaEnfermidade infecciosa e contaxiosa, de natureza vírica, que produce febre alta e aparición de pústulas con bostelas que ao caeren adoitan deixar marcas na pel.

Varicela: Enfermidade infecciosa febril e contaxiosa, que se caracteriza pola aparición de vesículas que secan sen supurar e non deixan cicatriz.

Artrose: Inflamación crónica dexenerativa e non inflamatoria das articulacións.

AmigdaliteInflamación das amígdalas. Anxinas.

Psoriase: Enfermidade da pel de causa descoñecida e xeralmente crónica, caracterizada pola formación de manchas de cor vermella recubertas de escamas abrancazadas que se localizan sobre todo nos cóbados e xeonllos.

VOCABULARIO TEMA -2

DEBES SABER IDENTIFICAR CADA SIGNIFICADO COA SÚA PALABRA
Selva: extensión  grande de terreo, propia das zonas ecuatoriais e tropicais, con vexetación espesa e frondosa.

Reflexionar: pensar.

Faciana: face, cara, rostro.

Amosar: mostrar.

Corveta: Barco lixeiro de guerra de tres mastros máis pequeno co acoirazado..

Mastros: pau vertical, xeralmente de madeira, onde se sustentan as velas dunha embarcación.

Áncora: Instrumento de ferro que se bota ao fondo do mar e serve para inmobilizar a embarcación.

Pústulas: Inflamación da pel, chea de pus.

Pus: Líquido espeso amarelo formado por leucocitos que deitan os tecidos inflamados, as feridas, etc.