mércores, 17 de xaneiro de 2024

GUIÓN TEMA 8 E TEMA 9

GUIÓN GALEGO T.8 e T.9
1.     Vocabulario T.8 e T.9.
2.     Que é un cómic? Cales son os elementos do cómic? pax 114, 115
3.     Que tipos de planos existen e para que se utilizan? pax 114
4.     Saber inventar un cómic pequeno segundo se indique.
5.     Para que serven os pronomes persoais? Cales son os tipos de pronomes que hai e cales son as súas formas? pax116, 117
6.     Saber substituír nomes por pronomes. Localizar os pronomes que hai nun texto, pax 116,117
7.     Recoñecer as partes dunha oración: Suxeito e o predicado, subliñando previamente o verbo  pax 118,119
8.     Normas ortográficas da h e da nh pax 120,121. Diferenciar: Hai do verbo haber, Aí sen h que indica lugar e Ai! que expresa medo, dor ou sorpresa  pax 120,121, ver blog
9.     Que é o teatro?Cales son os seus elementos esenciais. Quen forma o equipo nunha obra de teatro? Inventar unha pequena obra teatral, pax 128
10.            Cales son as vantaxes de facer teatro? Tipos de obras teatrais, pax 129
11.            Que son os adverbios? Tipos de adverbios e as súas formas. Saber localizalos nun texto e indicar de que tipo son. pax 130,131
12.           Que son palabras primitivas e derivadas? Identificar a palabra primitiva dunha familia de palabras ou as súas derivadas pax 131
13.           Que son os prefixos e os sufixos? Coñecer os prefixos e os sufixos da páxina 132, co significado que aportan. Recoñecer palabras que estean formadas por sufixos ou por prefixos. pax 132,133
14.           Normas ortográficas das palabras con x pax 133.
15.           Ditado coas  normas estudadas ata o de agora dende o tema 1 ao tema 9.
16.           Repasade os exercicios feitos na clase.

mércores, 3 de xaneiro de 2024

FOLLETO TURÍSTICO

O folleto turístico, como  o seu nome indica, ten como obxectivo principal entregar ao turista información importante da oferta turística dun lugar determinado. As partes máis importantes do folleto serán:

¨     Localización (información do lugar onde vives): Descrición da zona, onde está situado, mapas, servizos básicos, cantos habitantes ten, un pouco da súa historia e calquera detalle relacionado con respecto a como chegar.

¨     Lugares turísticos (Onde ir): Información sobre a oferta turística (onde ir, que podemos visitar), xa sexan:  museos, igrexas, parques, lugares de cámping, praias, parques naturais, entre outros.

¨     Actividades (qué facer): Relaciónase as actividades a desenvolver no lugar ou nos  seus arredores, tanto recreativas como de esparexemento, exemplos:  paseos en barco ás illas, excursións a Santiago, festas gastronómicas, festas populares,  ir a pescar, labores de campo, parques temáticos, actividades de vela, piragüismo, kaiaks etc. 

¨     Gastronomía: Que comidas típicas poden degustar no lugar onde vivo. Ex: empanada, polbo, mexillóns, cocido galego, peixes da ría...

¨     Galería fotográfica engadir imaxes: Incorpore fotografías  do lugar, dos lugares turísticos das actividades o da súa gastronomía.

¨     Entre outros. Como indicar onde se pode durmir, onde se pode comer, medios de transporte, etc.

Recorda polo tanto que:

Un folleto turístico é un texto que contén información dun lugar: onde ir, que actividades facer, as comidas típicas... Tamén pode incluír fotografías.