xoves, 23 de xaneiro de 2025
ARAO
Ghavota, ghavota, que levas no bocho?
– Sardiñas asadas.
– E quen chas asou?
– María Coucou.
Pasou polo río e non se mollou.
Arao, arao, cabeza de pau.
Tisón, tisón, vai para o Salgueirón.
- Arau, arau, cabeza de pau,
chufla, carolo, con tripas e todo.
mércores, 22 de xaneiro de 2025
VOCABULARIO T.6
VOCABULARIO TEMA-6
VOCABULARIO T.7
GUIÓN T. 6 e T. 7
GUIÓN GALEGO T.6 e T.7
1.
Vocabulario T.6 e
T.7 ver blog Galego. Saber buscar o significado dunha palabra coa tablet.
2.
A carta e o correo
electrónico. Coñecer as distintas partes que debe ter unha carta ou un correo
electrónico. pax 86,87, ver blog
3.
Os numerais:
cardinais e ordinais. Saber escribir calquera número en cardinal ou en ordinal
e recoñecelos nun texto, pax 88 e 89
4.
Os Indefinidos.
Coñecelos, saber usalos en distintas situacións e recoñecelos nun texto, pax 90
5.
Que son Palabras
homófonas e palabras polisémicas? Recoñecelas e saber poñer exemplos pax 91.
6.
Normas básicas para
navegar por internet. pax 95, ver blog.
7.
Para que se utiliza
un texto informativo, como é o seu estilo? Cal é a súa estrutura? e tipos de textos informativos: a carta, o
informe, a noticia e saber recoñecer o obxectivo que teñen cada un deles pax 100
8.
Para que serve un
texto expositivo, como pode ser? Cal é a
súa estrutura? Características dunha exposición? Que debes facer antes de
comezar unha exposición? pax 101
9.
Que son os verbos? Indicar
o infinitivo dunha forma verbal e saber a que conxugación pertence. pax 102
Cales son os tempos verbais? Saber poñer un verbo en presente, pasado ou
futuro. pax 103
Saber cal é a persoa e o número dunha forma verbal, pax 105.
Que nos indica o modo verbal e que modos verbais hai? pax 105
10.
Aprender a Norma
ortográfica do Uso do r e das palabras con c e qu e con c e z, e das palabras con g,
gu, gü e diferenza entre Por que e porque. Saber completar palabras coa letra
que falta. Indicar que norma das aprendidas cumpren palabras que se mostran,
pax 92,93,106,107
11.
Ditado coas normas
estudadas ata agora.
12.
Repasar os
exercicios feitos na clase.
mércores, 1 de xaneiro de 2025
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025
AS LETRAS GALEGAS 2025 RENDERÁN HOMENAXE Á POESÍA POPULAR ORAL E ÁS CANTAREIRAS GALEGAS
O Plenario da Real Academia Galega acordou, na sesión ordinaria do 5 de xullo de 2024, que o Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2025 estará dedicado á poesía popular oral e ás cantareiras galegas. En representación de todas elas, homenaxearanse as figuras de Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda); Eva Castiñeira (Muxía); e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar, as tres Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).Con esta homenaxe colectiva a RAG quere poñer de relevo a gran contribución que as cantareiras e pandeireteiras fixeron á cultura galega e, ao mesmo tempo, busca visibilizar o traballo das novas xeracións de artistas que están a levar o noso idioma por todo tipo de palcos e escenarios (nacionais e internacionais) con repertorios que beben da fonte da poesía popular oral.