domingo, 5 de maio de 2024
sábado, 20 de abril de 2024
domingo, 7 de abril de 2024
PALABRAS CON X e o seu son
Escríbense con es- palabras como: estender, espremedor, escoller, estupendo, esvarar, escaiola, escaravello, estraña, estanque, espectacular, estraños, espello, escavadora, esquiador, esquís, estreito, esquerda, escusa, estalo, escultura, estatua, etc.
Escríbense con ex- palabras como: excelente, expoñer, extremidade, excluír, excursión, explorador, extraordinaria, extremo, extenso, extraterrestre, extintor, excursionista, etc.
Escríbense con s: sente, misto, liso, rosa, raso, susto, esperto.
Sente: do verbo sentir. Percibe sensacións por medio dos sentidos. Padece un dor ou dano físico. Laméntase ou sinte mágoa por algo.
Escríbense con x: xente, mixto, lixo, roxa, raxo, xusto, experto.
Xente: Grupo de persoas en número indeterminado. Nación, pobo.
Escríbense con ex- palabras como: excelente, expoñer, extremidade, excluír, excursión, explorador, extraordinaria, extremo, extenso, extraterrestre, extintor, excursionista, etc.
Escríbense con s: sente, misto, liso, rosa, raso, susto, esperto.
Sente: do verbo sentir. Percibe sensacións por medio dos sentidos. Padece un dor ou dano físico. Laméntase ou sinte mágoa por algo.
Misto: Fósforo para acender o lume.
Liso: Dise dunha superficie toda igual e suave ó tacto. Dise do cabelo que non ten rizos.
Rosa: Flor da roseira. Cor vermella pálida.
Raso: Plano, liso. A rentes, a pouca altura do chan.
Susto: Impresión de espanto ou medo; sobresalto.
Esperto: Deixo de durmir.Xente: Grupo de persoas en número indeterminado. Nación, pobo.
Mixto: Mesturado. Composto de varios elementos.
Lixo: Partícula pequena de sucidade. Conxunto de materias sucias ou de cousas que non serven e se tiran.
Roxa: De cor entre amarela e castaña. Peixe, patarroxa.
Raxo: Tentáculos do polbo. Tira de carne situada ao longo do lombo do porco. Ubre.
Xusto: Que obra con xustiza. Asustado, exacto
Experto: Que ten unha grande experiencia; hábil, experimentado. Especialista, técnico.
martes, 2 de abril de 2024
VOCABULARIO TEMA 9
VOCABULARIO TEMA-9
Bancada: Fileira de bancos.
Disputa: Contenda. Acción de disputar: Enfrontarse para defender ou conseguir algo.
Alentador: estimulante, animado.
Estratexia: Accións coordinadas para conseguir un obxectivo.
Esvaecer: Diminuír a intensidade de algo.
Deprimir: Abater, quitar a un os ánimos ou a ledicia.
Xeonllos: Parte externa da articulación do fémur coa tibia.
Frustrante: Que provoca frustración.
Desatinos: Falta de acerto,tento ou bo xuízo.
Incrédulo: Que non cre o que outros lle din ou que lle custa crer o evidente.
Pioneira: persoa que da os primeiros pasos nunha actividade humana.
luns, 1 de abril de 2024
sábado, 16 de marzo de 2024
domingo, 10 de marzo de 2024
SUXEITO E PREDICADO
Para saber cal é o suxeito pregúntalle ao verbo Quen ou Quenes? o que responde é o suxeito.
Ex: Sofía almorza ás oito.
Quen almorza ás oito? Nos contesta: Sofía. Polo tanto Sofía é o suxeito.
Ex: Sofía almorza ás oito.
Quen almorza ás oito? Nos contesta: Sofía. Polo tanto Sofía é o suxeito.
sábado, 9 de marzo de 2024
mércores, 6 de marzo de 2024
ONOMATOPEAS
Exemplos:
Miau = gato
Quiquiriquí = galo
Oink, Oink = porco
Auuuu = lobo
Croac, croac= ra
Toc, toc = petar na porta
Glub, glub, glub= auga da olla fervendo.
Chin, chin= Brindis con copas
Pum, pum, pum= latexo do corazón.
Ring, ring, ring = móbil
Shhh! = Silencio
Zzzz = durmido
Riiiing = reloxo
Aaahhh = bocexo
Cri, cri = grilos
Cloc, cloc = pisadas
Chof! = pisar un charco
Crac = pisar ramas secas
Muuu = vaca
martes, 5 de marzo de 2024
VOCABULARIO T. 8
VOCABULARIO TEMA-8
Horrendo: espantoso, horrible.
Labazada: golpe dado na meixela coa man aberta. Sopapo.
Energúmeno: Persoa exaltada que manifesta o seu entusiasmo ou furor dun xeito extremado e violento.
Azos: forza, ánimo, alento.
Revelación: Manifestación, descubrimento de algo oculto.
Masiva: abundante, que se produce en gran cantidade.
Substituír: Suplir. Cambiar unha persoa ou cousa por outra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








