sábado, 21 de setembro de 2024
O ABECEDARIO E A ORDE ALFABÉTICA
O abecedario é
o conxunto de letras dunha lingua. O abecedario galego ten vinte e tres letras.
Ademais contamos on seis dígrafos: dúas letras que
representan un único son (ch, gu, ll, nh, qu, rr).
venres, 20 de setembro de 2024
O DICIONARIO
Unha entrada é cada unha das definicións que hai
nun dicionario. En cada unha de elas hai información sobre o significado,
a orixe
da palabra, o tipo
e o xénero
e as acepcións.
Para buscar o significado dunha palabra podemos utilizar
dicionarios en papel ou dicionarios dixitais coo o que ofrece a Real Academia Galega.
martes, 17 de setembro de 2024
VOCABULARIO DA SAÚDE - TEMA-1
Odontóloga/-o: Dentista. Persoa especialista en tratar a doenza e a hixiene dos dentes.
Fisioterapeuta: Especialista en fisioterapia. Persoa especialista en tratar con medios curativos baseados en medios físicos e naturais.
Farmacéutica/-o: Persoa que exerce na farmacia. Boticario/-a.
Oftalmólogo/-a: Especialista que trata o ollo e as súas doencias.
Bronquite: Inflamación da mucosa dos bronquios.
Arrefriado: Costipado. Estado morboso ocasionado pola exposición ao frío ou a humidade asociado con catarro dunha ou mais mucosas que comporta un aumento da secreción nasal, espirros, tose.,etc.
Varicela: Enfermidade infecciosa febril e contaxiosa, que se caracteriza pola aparición de vesículas que secan sen supurar e non deixan cicatriz.
Artrose: Inflamación crónica dexenerativa e non inflamatoria das articulacións.
Psoriase: Enfermidade da pel de causa descoñecida e xeralmente crónica, caracterizada pola formación de manchas de cor vermella recubertas de escamas abrancazadas que se localizan sobre todo nos cóbados e xeonllos.
xoves, 12 de setembro de 2024
mércores, 11 de setembro de 2024
GUIÓN T.1 Y T.2
GUIÓN GALEGO T.1 e T.2
1.
Vocabulario
da saúde
T.1 e vocabulario T.2 .
Ver blog galego
2.
Que é un
conto? Partes do conto. pag 12,13
3.
Que é o
abecedario? Coñecer, seguindo a orde alfabética, as letras que forman o
abecedario e os seus seis dígrafos. Saber ordenar alfabeticamente un grupo de
palabras. pax 14.
4.
Que é un dicionario
e as súas partes? Saber buscar no dicionario unha palabra. pax 15
5.
Que é unha
palabra? Que é a sílaba? Saber separar palabras en sílabas. Tipos de palabras
segundo o número de sílabas.pax 16,17
6.
Que é a
sílaba tónica? Saber recoñecela nunha palabra, para indicar se é aguda, grave,
esdrúxula ou sobresdrúxula.
Coñecer as diferentes formas de separar unha palabra ao
final de liña. pax 20,21, ver blog.
Saber como separar cun guión, as palabras ao final de
liña, de todas as formas posibles. pax 18,19
7.
Que é o
punto?Tipos de punto: recoñecelos e saber usalos. Distinguir as oracións e os
parágrafos dun texto. Pax 20
8.
Para que serven as maiúsculas? Saber en que casos
as usamos. pax 21.
9.
Identificamos as partes dunha tarxeta sanitaria.
Ver blog.
10. Que é
describir? Saber describir unha persoa, paisaxe ou obxecto, seguindo as
preguntas clave. pax 28,29.
11. Que son os
substantivos ou nomes? Tipos de nomes. Identificalos nun texto e saber indicar de
que tipo de nome son. pax 30,31
12. Que son os adxectivos? Identificalos nun texto e saber a
que nome se refiren. pax 32
13. Que son os xentilicios? Coñecer os xentilicios de Cangas,
Moaña, Bueu, , Vigo, Pontevedra, Coruña, Lugo, Ourense, pax 33
14. Uso da
coma e dos puntos suspensivos. pax 34
15. Norma
ortográfica e o seu uso das palabras con mp e mb. pax 35
16. Lectura e comprensión dun texto.
17. Ditado coas normas estudadas.
18. Repasar os exercicios feitos na clase: orais, escritos ou
en Classroom.
sábado, 31 de agosto de 2024
domingo, 5 de maio de 2024
sábado, 20 de abril de 2024
domingo, 7 de abril de 2024
PALABRAS CON X e o seu son
Escríbense con ex- palabras como: excelente, expoñer, extremidade, excluír, excursión, explorador, extraordinaria, extremo, extenso, extraterrestre, extintor, excursionista, etc.
Escríbense con s: sente, misto, liso, rosa, raso, susto, esperto.
Sente: do verbo sentir. Percibe sensacións por medio dos sentidos. Padece un dor ou dano físico. Laméntase ou sinte mágoa por algo.
Xente: Grupo de persoas en número indeterminado. Nación, pobo.







