venres, 25 de febreiro de 2022

GUIÓN T.9 e T.10

GUIÓN GALEGO T.9 e T.10
1.     Vocabulario pax 168,184.
2.     Que son as instrucións? Saber explicar as instrucións para facer algo. pax 174
3.     Que son palabras derivadas? Cales son os prefixos utilizados para facer palabras contrarias? A partir dunha palabra primitiva, saber usar os prefixos para formar a palabras derivadas contrarias a ela pax175.
4.     Que son os verbos? Localizar a forma verbal nunha oración e indicar cal é o seu infinitivo, a persoa e número  pax 176,177
5.     Normas ortográficas da h e da nh pax 178,179. Diferenciar: Hai do verbo haber e Aí sen h que indica lugar. Contraccións das preposicións: con, de ,en ; cos artigos un, unha, uns, unhas. pax 179(5)
6.     Saber facer unha solicitude. Que debe aparecer nunha solicitude ben feita. pax 190.
7.     Que son os sufixos? Coñecer os sufixos -dor, -dora, -ista, -eiro, -eira y -aría para formar palabras derivadas. pax191
8.     Cales son os tempos dun verbo? Saber en que tempo se atopa ou  usar a forma verbal adecuada dependendo do momento no que se está producindo a acción. pax 192
9.     Que son verbos regulares ou irregulares? Identificalos observando se conservan a mesma raíz do infinitivo pax 193.
10.           Norma ortográfica das palabras con mp e mb pax 194,195
11.           Repasade os exercicios feitos na clase.

martes, 1 de febreiro de 2022

PALABRAS CON X E S

Escríbense con es- palabras como: estender, espremedor, escoller, estupendo, esvarar, escaiola, escaravello, estraña, estanque, espectacular, estraños, espello, escavadora, esquiador, esquís, estreito, esquerda, escusa, estalo, escultura, estatua, etc.

Escríbense con ex- palabras como: excelente, expoñer, extremidade, excluír, excursión, explorador, extraordinaria, extremo, extenso, extraterrestre, extintor, excursionista, etc.

Escríbense con s: sente, misto, liso, rosa, raso, susto, esperto.
Sente: do verbo sentir. Percibe sensacións por medio dos sentidos. Padece un dor ou dano físico. Laméntase ou sinte mágoa por algo.
Misto: Fósforo para acender o lume.
Liso: Dise dunha superficie toda igual e suave ó tacto. Dise do cabelo que non ten rizos.
Rosa: Flor da roseira. Cor vermella pálida.
Raso: Plano, liso. A rentes, a pouca altura do chan.
Susto: Impresión de espanto ou medo; sobresalto.
Esperto: Deixo de durmir.

Escríbense con x: xente, mixto, lixo, roxa, raxo, xusto, experto.
Xente: Grupo de persoas en número indeterminado. Nación, pobo.
Mixto: Mesturado. Composto de varios elementos.
Lixo: Partícula pequena de sucidade. Conxunto de materias sucias ou de cousas que non serven e se tiran.
Roxa: De cor entre amarela  e castaña. Peixe, patarroxa.
Raxo: Tentáculos do polbo. Tira de carne situada ao longo do lombo do porco. Ubre.
Xusto: Que obra con xustiza. Asustado, exacto
Experto: Que ten unha grande experiencia; hábil, experimentado. Especialista, técnico.

sábado, 22 de xaneiro de 2022

DAR INDICACIÓNS

Seguro que en algunha ocasión, alguén  preguntarache como ir a algún lugar. Estás son algunhas das expresións que deberías utilizar:

Primeiro, vai cara a...
Á esquerda...
Á dereita...
Segue de fronte...
Atravesa...
Xa chegaches...

venres, 21 de xaneiro de 2022

GUIÓN T.7 e T.8

 GUIÓN T.7 e T.8  Galego
1.     Vocabulario T.7 e T.8 pax 120, 138
2.     En que consiste describir un lugar? Facer a descrición dun lugar. pax 126
3.     Que son os diminutivos e aumentativos? Saber formar diminutivos ou aumentativos dunha palabra. pax 127
4.     Que son os determinantes posesivos e cales son? Saber utilizados en oracións ou recoñecelos. pax 128,129
5.     Norma ortográfica das palabras con x e s. Coñecer a escritura das palabras que aparece no tema e o significado das que lle cambia segundo se se escriben con s ou x, pax 130,131
6.     Partes do conto. Saber facer un conto respectando as normas de escritura (Ex: poñer puntos o final das oracións, comas se enumeramos cousas,etc, dous puntos antes dunha serie, non repetir palabras e se falan personaxes en pautas diferentes? pax 132,133.
7.     Narrar un suceso.Recorda que debes explicar: Qué sucede?, Onde ocorre?, Cando sucede? A quen lle pasa?, pax 142,143.
8.     Que é unha noticia e como se narra? pax144.
9.     Que son palabras polisémicas? Coñecer as palabras polisémicas do tema cos seus significados e saber facer diferentes oracións pax 145.
10.           Que son  e cales son os pronomes persoais? Recoñecelos, saber substituír un substantivo polo pronome  que corresponde. pax 146,147.
11.           Norma ortográfica da coma e dos dous puntos. Saber poñerlle a un texto as comas e os puntos que faltan seguindo as normas estudadas pax 148,149.
12.           O conto. Partes do conto e saber elaborar un conto breve pax 150,151
13.           Ditado coas normas estudadas ata agora.
14.           Repasar os exercicios feitos na clase.

domingo, 26 de decembro de 2021

FALAR CON RESPECTO

En moitas ocasións necesitamos pedir cousas aos demais. 

Sempre o debemos facer con respecto. Fíxate que palabras poderías usar:

xoves, 25 de novembro de 2021

GUIÓN T.5 E T.6

      GUIÓN T.5 e T.6  Galego

1.      Vocabulario T.5 e T.6 pax 88,104

2.      Que debemos explicar para describir unha persoa e saber facer a súa descrición. pax 94.

3.      Que son os antónimos? Saber substituír unha palabra pola súa antónima. pax 95

4.      Que son os adxectivos? Recoñecelos nun texto, saber a que substantivo se refiren e indicar o seu xénero e número. pax 96,97

5.      Norma ortográfica das palabras con r e rr, pax 98,99

6.      Saber realizar unha conversa onde pedimos algo con respecto pax 108,109

7.      Como se describe un obxecto e saber describilo pax 110.

8.      Quen forma un campo semántico? Saber diferenciar as palabras que forman parte dun campo semántico pax 111

9.      Que son os determinantes demostrativos? Recoñecelos, que distancia indican e saber as súas formas, o seu xénero e número. pax 112, 113.

10.  Norma ortográfica das palabras con g, gu e gü. pax 114,115.

11.  Ditado coas normas estudadas ata agora.

12.  Repasar os exercicios feitos na clase.


sábado, 13 de novembro de 2021

ESCRIBIR UNHA OPINIÓN - A RECENSIÓN











AS PARTES DUNHA RECENSIÓN SON:
- Tema.
- Valoración
- Explicación da valoración.

Cando escribimos una recensión debemos poñer en primeiro lugar o tema do que vamos a falar (nome da película ou do libro), seguida da nosa valoración personal ( se me gustou ou non) e por último explico esa valoración, é dicir, que fixo na película que me encantara ou todo o contrario.

Podes utilizar as seguintes expresións:

venres, 8 de outubro de 2021

A PALABRA E A ORACIÓN









Exemplos:

Unha palabra: colexio= c-o-l-e-x-i-o (conxunto de letras).

Unha oración: Os nenos aprenden cousas no colexio.
                                             V

xoves, 7 de outubro de 2021

PEDIR PERMISO

Recorda que para pedir permiso para facer algo deberías usar estas expresións:

Por favor, gustaríame...

Sería posible...?

Querería...

Ola, podo...?

Cando remates de pedir algo non te olvides de dicir:

Moitas grazas

ESCRIBIR NORMAS

Non te esquezas que para redactar as normas podes utilizar estas expresións:

Permítese/ non se permite

Está prohibido/ É obrigatorio

Non se pode / Pódese

Non se debe / Débese