PANDEIRADA DE TELLA Popular
Veño do lugar de Tella de ver unha telleana,
(que me rouba o corazón e se me meteu na ialma.) [BIS]
Ailala ailala Ai lalai lalai la lai la [BIS]
A pandeira sen ferreñas e as ferreñas sen pandeira
(son como a barca sen remo e o remo sen mariñeiro.) [BIS]
Ailala ailala Ai lalai lalai la lai la [BIS]
O pandeiro ten a culpa, o pandeiro tena toda,
(o pandeiro ten a culpa que lle dan e non resoa.) [BIS]
Ailala ailala Ai lalai lalai la lai la [BIS]