sábado, 25 de abril de 2015

A RODA "A Marica"


MARICA SE VAS Ó RÍO LAVAR
Marica se vas ó río a lavar, non bata-la roupa que a podes rachar, 
que a podes rachar, que a podes tender, Marica se vas ó río a beber
.

Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero, que me cheiran ó chamosco,
que me cheiran ó chamosco, alalelo, ailalalo.

Marica se vas ó río a lavar, non bata-la roupa que a podes rachar, 
que a podes rachar, que a podes tender, Marica se vas ó río a beber
.

Que ben baila, que ben baila, a da chaqueta redonda,
moito mellor bailaría, se tivera máis longa,
se a tiver máis longa, ailalelo, ailalalo.

Marica se vas ó río a lavar, non bata-la roupa que a podes rachar, 
que a podes rachar, que a podes tender, Marica se vas ó río a beber
.

Non chas quero, non chas quero, nabizas do teu nabal,
non chas quero, non chas quero, que me poden facer mal,
que me poden facer mal, aielelo, ailalalo.

Marica se vas ó río a lavar, non bata-la roupa que a podes rachar, 
que a podes rachar, que a podes tender, Marica se vas ó río a beber
.

Que ben baila, que ben baila, a do zapato baixiño,
que ben baila, que ben baila, ai na beira do camiño,
ai na beira do camiño, ailalelo, ailalalo.

Marica se vas ó río a lavar, non bata-la roupa que a podes rachar, 
que a podes rachar, que a podes tender, Marica se vas ó río a beber
.

Que ben baila que ben baila, a da chaqueta máis longa,
moito mellor bailaría se a tivera redonda,
se a tivera redonda, ailalelo ailalalo.