martes, 13 de decembro de 2022

POEMA NADAL

Xa chega o Nadal

un tempo para gozar.

 

Panxoliñas vamos cantar

para o Festival celebrar

e ao público emocionar.

 

Un bonequiño de lá

fixemos no taller de Nadal.

 

Bolas, estrelas e beléns recortamos

e a clase decoramos.

domingo, 23 de outubro de 2022

ASÍ CELEBRO O SAMAÍN

 Xa chegou o Samaín,
Como o celebras ti?.
 
Eu facendo cabazas
que decoro na miña casa.
Logo as traio a exposición
e todos as miran con emoción.

Obradoiros de galletas
faremos no colexio
que animarán a festa.

Cando chegue pola noite,
de porta en porta irei,
e ao abrirme,
"truco ou trato" direi,
senón lambetadas
non levarei.

De volta para a casa
topamos cun fantasma                   17 
que nos quere asustar
e os doces roubar.

Que medo, que medo!
saímos correndo
co noso botín
o máis lonxe de alí.

Nalgunhas casas
déronnos castañas asadas,
en lugar de lambetadas.

Con todo o conseguido
a nosa festa vamos celebrar.
A música empeza a soar
e todos nos poñemos a cantar.
Os nosos pés
empézanse a mover,
que no Samaín
a festa parece que non ter fin.

 

xoves, 12 de maio de 2022

POUSA E POUSA

 Letras

Pousa, Pousa (A Roda)
Fun a taberna de meu compadre
Fun polo vento e vin polo aire,
(Bis)
E como cousa de encantamento
Fun polo aire e vin polo vento.
(Bis)
Retrouso
E pousa, pousa, pousa
E non me toques naquela cousa,
E pousa, pousa axiña
E non me toques naquela cousiña.

(Bis)
Murmuraban as miñas veciñas
Que eu andaba co crego nas viñas,
(Bis)
Iso e verdade eu non o nego
Que eu andiven a loitas co crego.
(Bis)
Retrouso (Bis)
E pousa, pousa, pousa
E non me toques naquela cousa,
E pousa, pousa axiña
E non me toques naquela cousiña.
Cando me case xa teño un galo
Xa miña nai non mo ten que dalo,
(Bis)
Cando me case xa teño un polo
Xa miña nai non me ten que dar todo.
(Bis)
Retrouso (Bis)
E pousa, pousa, pousa
E non me toques naquela cousa,
E pousa, pousa axiña
E non me toques naquela cousiña.

ACTIVIDADES DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022


 

martes, 26 de abril de 2022

AS FAMILIAS DE PALABRAS

A parte que teñen en común chámase raíz.
Recorda que se un verbo é a palabra primitiva, para saber cal é a súa raíz, quitámoslle as terminacións -ar , -er ou -ir.

Ex: pescar- pescador- pescado- pescadaría

luns, 25 de abril de 2022

TIPOS DE ORACIÓNS














As oracións interrogativas rematan sempre cun signo de interrogación (?) e as exclamativas cun signo de admiración (!)

xoves, 21 de abril de 2022

PALABRAS CON B E CON V

Recorda escríbense con b:
bla, ble, bli, blo, blu 
bra, bre, bri, bro, bru.



Escríbese con b estas palabras: bolboreta, birlo, bebedoiro, bombón, gamba, etc.
Escríbense con v estas palabras: avoa, verme, chuvia, aviso,